A volta dos básicos: as deportivas brancas


As deportivas brancas son un básico clásico propio de épocas onde o normcore ou vestir o máis “normal” posible é a tendencia. O piar desta moda é que pareza que puxeches o primeiro que atopaches no roupeiro, mais na realidade é un estilismo perfectamente estudado e conxuntado, baséase no estilo máis clásico e atemporal e fai que a tendencia sexa fuxir da tendencia. As zapatillas brancas ben poden ser consideradas un dos máximos expoñentes do normcore.



A pesar de que nun principio unha volta tan obvia aos noventa non me convencía moito, finalmente, e  de tanto velas, decidín que as zapatillas sempre son unha boa opción e unhas brancas serían perfectas para eses estilismos máis desenfadados e aptos para as excursións do verán. Estas son de Mustang e teñen detalles dourados, son comodísimas e de seguro que me van acompañar en moitas aventuras!



Aínda que pareza mentira hai días nos que xa non vai tanto frío, así que como tiña ganas de pór un plumas básico optei por este marrón de Bershka que merquei no pasado outono. Combineino cunha das miñas blusas favoritas de Pull&Bear, de leopardo, que lle dá un contrapunto máis formal ás zapatillas brancas. A mochila tamén é de Bershka e os pantalóns con patchword son de Mango.




Cazadora, Bershka
Pantalóns, Mango
Cinto, Suiteblanco
Blusa, Pull&Bear
Zapatillas, Mustang
Mochila, Bershka
Pendentes, C&A

Como vedes as zapatillas brancas son perfectas para calquera estilismo informal e combinan moi doadamente con calquera prenda, ben achegándolle un punto informal a prendas non tan de diario ou ben rematando unha proposta cómoda e desenfadada para o día a día. O que está claro é que son unha tendencia que arrasa e que o normcore está de volta mentres que os estilismos excesivos están desfasados!

Agardo que vos gustasen as fotos! Un biquinho ben grande e boa volta das vacacións!

Silvia

Publicacións populares