Chaqueta con ar militar

Bo día! Comezo o domingo cunha proposta un chisco máis guerreira. Ben é sabido xa que devezo polas prendas con estampado ou ar militar... así que esta chaqueta de rebaixas de Zara venme á perfección para a primavera e teño que recoñecer que coido que ten unha confección que fica fenomenal.


Hai anos que este tipo de chaquetas son tendencia, case me ten graza cando as revistas de moda din que volven na primavera ou verán porque o certo é que eu penso que é unha tendencia que nunca fica no esquecemento. O verde caqui é unha cor básica e, non así como outras, coido que sempre é un acerto tempada tras tempada.




 A proposta de hoxe é totalmente informal e casual, os vaqueiros, o denim e as zapatillas son unha combinación moderna e actual perfectamente apta para o día a día e para os plans máis relaxados. As zapatillas con calquera prenda, ben saia, ben pantalón, seguen sendo plena tendencia para esta primavera e estas, de Zara, con plataforma e en gris reúne varias das tendencias para esta primavera.





Escollín unha camisa vaqueira porque son seareira total do estilismo vaqueiro completo e recoñezo que é unha opción de combinación ben doada e práctica. O pantalón é de Mango e como vedes segue a tendencia do patchword en vaqueiro, polo que lle dá unha volta e a actualiza; o longo dos pantalóns é outra das tendencias, é é que os vaqueiros están en plena revolución e os modelos que levabamos anos poñendo están cambiando a un ritmo vertixinoso... eu tamén son das que penso que os pantalóns axustados teñen os días contados... mais iso xa é unha cuestión de gustos ;P.




O cinto é de H&M tamén de nova tempada e os pendentes de flores, cun punto barroco e en distintos tons, de C&A.

 
Chaqueta de Zara
Camisa de Mango
Pantalón de Mango
Zapatillas de Zara
Cinto de H&M
Pendentes de C&A
Pano branco e Negro de Asos
Bolso de Kling

Desculpade a calidade das fotos... mais é que os días grises non dan para máis! E grazas á fotógrafa ;).

Agardo que vos gustase o estilismo e que teñades un moi feliz día!!!!

Mil bicos

Silvia

Publicacións populares