Volta ao pasado

A moda é cíclica, queiramos ou non sempre volvemos ao pasado, e esta é unha desas ocasións na que teño que dicir "nunca digas nunca" xD. A gabardina vaqueira volve do pasado para se converter nun básico desta primavera e, coma sempre, as rebaixas serven para facernos con algunhas desas prendas chave para a nova tempada e esta ocasión non podía ser menos!
Así foi como me animei a recuncar coa gabardina vaqueira e volver a unha prenda da que moito teño tirado na adolescencia. O modelo é un básico abotoado a un lado e cun cinto no mesmo tecido de Stradivarius; o certo é que para o inverno non lle vexo moito xeito mais ao pensar na primavera coidei que ía ser unha prenda moi poñible e versátil, e xa que viñeron uns días calorosos tiven a ocasión perfecta para a estrear!
O resto de prendas son de plena tendencia, porque recoñezo que hai días que tiro delas porque sempre é moi doado atinar cunha saia de ante con broches (por certo, seica no 2016 o ante xa non vai ser tendencia), un xersei básico e quentiño e negro e mais os zapatos tipo orxford que adoro en branco e negro de charol. 

Gabardina vaqueira de Stradivarius
Saia de ante de Stradivarius
Xersei negro de Primark
Medias cor ciño de Primark
Zapatos en branco e negor de Primark

De cando en vez, o sinxelo paga a pena! Ou non? A proposta de hoxe, ateigada de prendas básicas de tendencia na tempada é unha combinación doada da que resulta un estilismo actual e todoterreo para o día, por iso me gusta tanto! Agardo que a vós tamén!

Un bico ben ben grande e grazas por seguirdes aí!!!!

Publicacións populares