Saias que non pasan de moda

Se hai un tecido que nunca pasa de moda ese é coiro, e unha saia en coiro sempre é tendencia e vai darlle un punto trendy a calquera estilismo. Recoñezo que o coiro en negro (ou polipel) é a miña debilidade... a estas alturas do filme supoño que non é ningunha novidade xD, mais a pesar de que o que máis me gusta son as cazadoras, teño tamén varias saias que me veñen ben para esas ocasións nas que queremos ir un chisco máis amañadas. A saia do estilismo de hoxe é prefecta polo volume, porque se ben é certo que non a todas nos gustan as saias con volume, coido que dan un punto diferente a calquera estilismo.
Para o Día de Reis optei por un estilismo en branco e negro e xa que a saia de Celane Moda era tan potente decidín combinala cunha camisa branca básica e os zapatos en branco e negro. Aínda así, tampouco podo deixar de mencionar que se a saia é a peza chave do estilismo, o colar é o complemento que o converte nunha proposta apta para calquera celebración.
 O colar desta proposta é de Outfit, unha tenda betanceira relativamente nova que está no Cantón Claudino Pita e que ten unhas prendas e uns complementos cun gusto exquisito e de plena tendencia. Coido que os complementos son un dos seus puntos fortes mais o certo é que ten prendas de total tendencia e que non é doado atopar noutros establecementos do comercio local betanceiro. Unha peza como este colar pode parecer exclusivamente apto para ocasións moi formais mais sempre que o poñamos con prendas básicas acho que é perfecto para calquera ocasión!
Xa que son tan partidaria das cores claras para alegrar o inverno, engadín o abrigo beis de Sfera e rematei o estilismo cuns zapatos masculinos en branco e negro que xa son un clásico atemporal e un imprescindible no meu roupeiro.







Camisa branca de Stradivarius
Saia de polipel negra de Celane Moda
Colar de Outfit
Abrigo beis de Sfera
Zapatos bicor de Primark

 Déixovos para comezar a semana con ganas, que estes días de volta á rutina son especialmente duros... menos mal que nos podemos animar coas rebaixas ;P.

Un bico ben ben grande e grazas por seguirdes aí.

Silvia