Pantalón culotte ou saia-pantalón

Os pantalóns culotte son una tendencia que semella arriscada e pola que parece difícil apostar mais o certo é que unha vez que te decides é difícil deixalos. Este tipo de saia-pantalón é unha tendencia que volveu con forza e que ten como característica principal a comodidade, mais o certo é que tamén poden ser adecuados para estilismos máis formais ou casuais, en función das prendas e complementos cos que os combinemos.
Cando una prenda volta con tanta forza e non estamos moi convencidas de como a levar eu opto por comezar cun básico, por iso desta volta optei por uns pantalóns en negro e de tecido fluído dos que resulta un estilismo que se basea na comodidade e o movemento cun punto moderno e de actualidade.




Hoxe combineino cun xersei básico de inverno en granate (si, sempre a tirar da cor da tempada XD), o abrigo negro tipo viker que adoro, zapatos en prata e uns colares longos como accesorio.


Para completar o estilismo, puxen seis pendentes de brillantiños e mais un aro no nariz que está en camiño de ser definitivo e que de seguro vai ser o meu complemento favorito de calquera estilismo de aquí en diante!


O detalle do lazo do pantalón é adorable e coido que é o punto divertido deste culotte básico. Que vos parece? No estilismo de hoxe o pantalón é de Okeysi, o xersei e os colares de Primark, o abrigo de Mango, os zapatos de Zara e os pendentes e o aro do nariz de Bijou Brigitte


Hoxe é un día especial para moita xente, para outra, non tanto, mais sexa dun xeito ou doutro deséxovos que pasedes as festas como máis vos guste e que sexades felices sempre!!

Un bico ben grande e BO NADAL!

Silvia