15 estilismos de 2015

Xa está aquí a última noite do ano e cómpre botar a vista atrás en todo e, por suposto, nos estilismos! Hoxe déixovos unha selección dos meus favoritos de 2015, das fotos de estilismos e complementos que máis me gustaron deste ano que finaliza. É ben certo, e non o podo negar, que houbo unha pequena evolución no meu estilo motivada en certa medida pola perda de peso dos últimos anos, mais quen non buscou algunha vez o seu lugar e o atopou logo de probar e probar... o cerne da cuestión sempre está en experimentar até atinar, ou non? Finalmente e logo dun tempiño dándolle voltas a moitas cousas coido que estou a atopar o meu lugar, e iso nótase nas miñas propostas, nesas que intento adaptar as tendencias ao que me gusta e non adaptarme eu ás modas, porque isto si que sería o doado e a min gústanme as cousas máis persoais, supoño que a estas alturas xa o saberedes ;).

Agardo que vos guste a selección! :) :) :)



















Gustaríame desexarvos o mellor para este ano 2016, que todos os vosos desexos se cumpra e que comecedes o ano, como non, con estilo!

Un bico ben grade e lémonos no 2016! ;)

Silvia