Novo abrigo & camisa reinventada

 
A volta do frío trouxo consigo a ilusión de estrearmos as prendas de abrigo, e é que a pesar de que moito me gusta o verán, xa tiñas ganas de que refrescase un chisco e botar man dos abrigos porque os estilismos de entretempo sempre me resultaron máis complicados.


Hai xa varias semanas merquei este abrigo en Sfera, logo de moitas buscas e de valorar que en inverno adoito vestir con cores máis escuraspara alén de que tiña o roupeiro ateigado de cazadoras e abrigos negros, decidín que era o momento de mercar un abrigo en cores claras mais combinable e todo terreo para estilismos moi diferentes. 
Os detalles que adorei deste abrigo foron o corte amplo e os detalles nas mangas e na cintura pola parte de atrás que coido que o fan unha prenda especial, cómoda e moi combinable. 
Máis un detalle especial deste estilismo é a camisa branca básica á que lle dei unha volta ao lle engadir un pano fino de H&M a modo de lazo e versionando unha das tendencias máis estendidas deste outono-inverno. A camisa branca é un básico desde a primavera, se lembrades esta camisa xa a combinara nun outro estilismo ben diferente mais desta volta reinventeina co lazo e esta combinación da camisa e o pano pasou a ser unha das miñas favoritas para esta tempada! De feito, hei de mercar panos estampados e en máis cores para lle dar diferentes toques en funcion da ocasión e os estilismos que procure! ;P 
                      
Canto aos pantalóns son os de Pull&Bear do estilismo anterior, que combinei cun cinto de flores de Primark, a xogo cos calcetíns granates, que combinei nunha cor diferente ao resto das prendas precisamente para lle dar o punto de cor ao conxunto. Os zapatos son os de tipo oxford de charol que merquei o ano pasado en Asos e que tanto levo utilizado.
Desta volta tamén estreii o bolso, este negro e con chatolas é de Parfois e vai ser un básico para min neste inverno porque combina con todo e ten un punto moderno e punk polo que devezo!
Polo que respecta aos pendentes optei por estes de brillantiños en distintos tons de Kiabi e aproveitei que xa hai moitos anos tiña seis buracos nas orellas para os recuperar e estou encantada!
E ata aquí por hoxe, agardo que vos gustase o meu novo abrigo e mais a proposta para darlle unha volta a unha camisa branca básica, adaptala a unha das tendencias estrela do outono-inverno e facela unha prenda moi especial. 

Un bico moi grande e que teñades unha moi feliz semana!

Silvia
Abrigo de Sfera
Pantalóns de Pull&Bear
Camisa branca de Stradivarious
Pano negro de H&M
Bolso de Parfois
Zapatos de Truffle
Calcetíns de C&A
Pendentes de Kiabi

Publicacións populares