Estilismo masculino con gorra


Hoxe Iván volve cun estilismo perfecto para este tempo de outono e bota man dun xersei de colo alto dos que tanto lle gustan porque son quentiños e funcionais porque con este tipo de prendas non é necesario pór panos ou bufandas cando refresca un chisco máis. A peza é de Bershka e optou por unha cor clara para darlle un pouco de luz ao outono-inverno que sempre vén cargado de prendas escuras e máis nas coleccións masculinas.
Para darlle un punto máis casual ao estilismo decidiu pór unha gorra de Pull&Bear cun estampado de flores e caveirase con mensaxe que adora e que combina sempre con estilismos monocor ou que non mesturan estampados.
Canto aos pantalóns, en verde escuro, son un modelo clásico de Green Coast que combinan á perfección co xersei gris claro.

Para finalizar o estilismo optou por unha botas en camel clásicas e tipo panamá de Merkal e un reloxo que xa puidestes ver nestoutra entrada, que mercou en Portonovo.



Xersei de Bershka
Pantalóns de Green Coast
Gorra de Pull&Bear
Botas de Merkal

As fotos foron tiradas no Hotel Rural San Jaime, situado en Pereiro de Aguiar, unha pequena aldea ourensá que paga a pena visitar. E o estilismo é perfecto para un día de outono de visitas urbanas, co toque diferente que lle dá o estampado da gorra, non si?

Un bico moi grande e que teñades moi boa semana!

Silvia