Básicos para este outono

Se hai unha prenda que leva un par de anos a ser un básico do roupeiro esa é a camisa de cadros ou tipo "leñador". Eu teño varias en distintas cores e sempre dan resultado... ademais de que outorgan aos estilismos ese punto masculino que tanto me gusta. A que levo hoxe en concreto é de Ropers, unha pequena tenda betanceira que paga a pena visitar, e é que na miña vila cada vez hai máis tendas que, ao contrario que hai anos, seguen as tendencias, teñen prezos sensatos e mais unha atención impecable, de feito recoñezo que nos últimos tempos merco moito máis no comercio local porque coido que paga a pena.


A camisa é un básico absoluto en verde botella, que combinei cun cinto fino no mesmo ton e que centran claramente as cores do estilismo.
O pantalón é máis un básico do corte dos "pantalóns de mamá" mais desta volta en vaqueiro desgastado ácido e con volta no baixo que recoñezo que para min é unha obsesión, levar os pantalóns un chisco curtos e que se vexa o calzado, coido que fica fenomenal!
O tempo de outono case sempre exixe unha gabardina, esa si que é a prenda estrela desta estación, e este ano volven as longas case ata os pés, como esta que levo de Zara e que combina negro en coiro con beis; lembra, ademais, que os abrigos, gabardinas e/ou calquera prenda tan longa, sempre adoita facernos máis altas.
Os botíns de ante, polo que son comodísimos, e teñen ese punto retro tan de moda nesta tempada con chatolas douradas. En xeral, os zapatos, botas e botíns de ante para o inverno son os meus favoritos pola súa calidade e comodidade. Hoxe combineinos cun bolso básico tamén en cor camel e cun detalle dourado que merquei nas rebaixas de verán de Misako.

Finalmente os pendentes son de brillantiños e de C&A e é que desde que recuperei os meus buracos da adolescencia a miña nova obsesión é levar os pendentes combinados!

Sen dúbida este estilismo de hoxe é todoterreo e cun punto actual moi evidente que lle dá especialmente a camisa tipo leñador e mais os "mom jeans", para min vai ser un básico dos días en que non vai moito frío e mesmo no caso de ser así se lle engadimos unha "bufamanta" xa ficamos abrigadas para os días máis frescos, non vos parece?

Un bico mooi grande e que teñades unha feliz semana !!!!!!!!!

Camisa de Ropers
Pantalón de Pull&Bear
Gabardina de Zara
Botíns de Stradivarius
Bolso de Misako
Pendentes de C&A
Lentes de sol de Ray-Ban



Publicacións populares