Volven os anos setenta

Hoxe a tendencia son os anos setenta, e coido que non só o vestido ten ese punto retro senón tamén os botíns de ante con tacón cadrado. Volver a épocas pasadas sempre é unha delicia para as persoas ás que nos gusta a moda e xogar, cambiar e probar tendencias que nos transportan a épocas pasadas. É certo que este estilismo quizais é demasiado obvio na medida en que pode parecer doado combinar tendencias de plena actualidade, mais como non sempre vai ser todo arriscar, tamén está ben, de cando en vez, ter opcións para vestir en calquera momento que queiras ir un chisco máis amañada sen complicarse moito.

 
O vestido de tendencia é de H&M, un básico total que vin desde que saíron as primeiras prendas da nova tempada e que aproveitei para mercar nunha visita a Braga porque sabía que era dos que axiña desaparecerían. Ademais, ao ser alto no pescozo, é ideal para os días de inverno, para alén de ser doado de combinar con calquera calzado e/ou complemento en tons terra.

  
 

 A combinación, como vedes, é do máis sinxela, un plumas e uns botíns en tons terra. O plumífero é lixeiriño e merqueino en Bershka como un básico e os botíns de ante recoñezo que son os primeiros que teño nesa cor mais é que as cores marróns son de recente incorporación no meu roupeiro porque a pesar de que nunca me gustaron moito a tendencia deste ano fixo que renunciase a esta teima e os comezase a introducir timidamente xD.





Vestido de H&M
Cazadora de Bershka 
Botíns de ante de Stradivarius
Mochila de Asos 

Seguimos coa semana... moitos ánimos que queda pouco para o venres! 

Un bico moi grande e vémonos no próximo estilismo!

Silvia