Raias e punto

Os vestidos de punto son un clásico que volve neste outono da man do corte midi; nas tendas preséntanse como básicos e, de feito, nesta proposta, eu póñoo como tal mais coido que cos complementos adecuados poden resultar perfectos para calquera ocasión.
 
O bo dos vestidos é que son doados de combinar e, en contra do que podería parecer,  son unha opción moito máis doada para nos vestir que tentar combinar dúas pezas. Este, en concreto, é de punto, co corte por baixo dos xeonllos e cun estampado clásico de raias.
 Deste que a tendencia "normcore" invandiu os nosos roupeiros, é dicir, desde que parece que non irmos amañadas é o máis moderno, cando en realidade si que hai detrás un estilismo ben pensado, os conxuntos máis relaxados están a orde do día e este de hoxe encaixa perfectamente nesta tendencia, porque o vestido, o chaleque e mais as botas son básicos mais combinados dan como resultado un estilismo ben actual e de tendencia.
 Ademais, como podedes ver é moi doado actualizarmos o roupeiro coa nova tempada, cun vestido básico, un chaleque que merquei na primavera mais que segue de tendencia e mais as botas de plataforma negras que teño desde o inverno pasado e que xa me vistes en mil ocasións... resulta un conxunto que reúne todas as tendencias para este outono-inverno!
 

Vestido de punto de H&M
Chaleque vaqueiro de Pull & Bear
Botas negras de Asos

 As fotos son na praia de Gandarío, unha das marabillas de Bergondo e As Mariñas, e que podo dicir... cun escenario así calquera roupa vai ben!!

A próxima entrada será de novo un estilismo masculino! Avisad@s estades! E é que estou contentísima que participe máis xente no blogue, que xa se sabe, nisto da moda, para gustos... cores!

Un bico ben grande e grazas por nos visitar!

Silvia

Publicacións populares