Máis un estilismo actual para homes, desta volta "mini"

O segundo estilismo masculino do blogue tiña que vir por conta dun homiño moi especial, e o certo é que cando os pequenos son queridos para nós están perfectos con calquera cousa, mais desta volta non me podedes negar que Antón ten un enorme estilazo nas fotos.

 A combinación de cazadora de coiro + camisa vaqueira + pantalón axustado + zapatillas all star é gañadora  para calquera mozo moderno con aires hipster. Antón interpreta esta tendencia á perfección e mellóraa coa combinación de cores, porque os pantalóns de cores claras para home son "o máis" na actualidade, nin que dicir ten que a superposición de prendas, para alén de ser moi útil porque co tempo que vai xa non sabemos nin cómo vestir, resulta do máis axeitada e moderna pola combinación de tecidos (algodón, vaqueiro e coiro).



As clásicas Converse All Star poñen o broche de ouro. As míticas zapatillas que nunca pasan de moda e sempre levamos pequenas e maiores! Neste caso, a Antón fícanlle perfectas e combinan marabillosamente cos pantalóns axustados!


 Cazadora de Vertbaudet
Camisola de SferaBaby
Camisa de ZaraBaby Boy
Pantalóns de ZaraBaby Boy
Zapatillas All Star de Converse

Este estilismo masculino "mini" pode levalo perfectamente calquera home maior, porque o certo é cada vez hai menos fronteiras entre a moda infantil e adulta e, como vedes, hai mais homiños con estilazo, como é o caso do noso Antonciño!

Un bico moi moi grande e pasádeo ben estes días!

Silvia