Gris e negro

O gris e o negro forman unha combinación atemporal e se constrúes un estilismo baseado nestas cores para outono-inverno sempre atinas.

Desta volta tiña ganas de estrear un xersei que simula a superposición sobre unha camisa que merquei en Primark e que me pareceu moi combinable e poñible. Como ten o colo alto puiden permitirme pór a perfecta de coiro de Mango que combinei coa saia en prata de Pull&Bear e as botas de H&M que xa teño do ano pasado. Coido que o resultado final é perfecto para un sábado que non sabes onde rematará porque o mesmo vai ben para a tarde que para a noite. Ademais, unha cousiña moi importante para os nosos petos, a camisola e a saia custaron 17 euros... e o resto das prendas xa as tiña, así que aí tendes a mostra do barato que nos pode saír un estilismo perfecto para saír.


Xersei de Primark
Chaqueta de coiro e pel de Mango
Saia en prata de Pull&Bear
Botas de H&M
Colares de Primark
Anel de Primark

Os colares e o anel tamén son de Primark e merqueinos por un euro! Como vedes, pouco gastei desta volta, mais eu fiquei encantada co resultado da combinación de prendas, cores e tecidos. Que vos parece a vós? Recoñezo tamén que eu coas minisaias é que me perdo... que lle vou facer!

Pasádeo moi ben estes días, eu, como case sempre, marcho de paseo!

Un bico ben grande

Silvia

Publicacións populares