Camuflaxe para home


Ola! Como vai esa fin de semana? A miña fenomenal e mais aínda se penso que a vindeira é máis longa e teño un plan polo que levo tempo agardando! Mais imos ao que imos... os estilismos de home e de home "mini" tiveron grande aceptación así que nesta semana continuamos e traemos máis un estilismo casual para homes cun punto divertido, un chuvasqueiro de camuflaxe, ese estampado que a min sempre me parecía tan transgresor cando era adolescente mais que pasen os anos que pasen sempre segue sendo un recurso.

Esta proposta é perfecta para unha tarde de fin de semana, neste outono no que en calquera momento pode chover e tanto o chuvasqueiro como as botas son uns absolutos imprescindibles.

O punto de cor vén pola man da camisola de cor burgundy, que é plena tendencia, como vedes, tanto para homes como para mulleres! Tamén é precioso o cinto trenzado en cores prata e negro de Asos home.

Camisola burgundy de H&M
Cazadora impermeable de Pull&Bear
Pantalóns vaqueiros de Bershka
Cinto trenzado de Asos
Botas de Merkal
Reloxo de Lotus 

Hoxe a proposta foi de camuflaxe para home mais nas próximas semanas hei de vos traer unha proposta para muller... que a min tamén me encanta a camuflaxe! Hai anos que sempre teño no roupeiro algunha prenda con esta tendencia e úsoa especialmente en ocasións máis informais, mais cos complementos adecuados podería ficar perfecto para calquera ocasión!

Xa me diredes que vos parece esta nova proposta de agregar estilismos tanto masculinos como femininos ao blogue! Coma sempre, eu penso que na diversidade está o gusto!

Un bico ben grande a tod@s!

Silvia