Unha semana... moitos estilismos

Ola! Como vai esa volta ao "cole", a min polo momento non me afectou, así que por aquí fenomenal hehe. Hoxe traio un post un tanto diferente porque ensinarei catro estilismos cómodos e sinxelos para ir de viaxe no verán, onde se repiten pezas e complementos porque o importante é levar a maleta o máis lixeira posible sen por iso renunciar a sermos nós mesmas e vestir de "uniforme" guiri (si, as chanclas con calcetíns que seica volvían o ano pasado foi unha moda que para min pasou totalmente desapercibida xD).
 


Recoñezo que nas vacacións deixo os pantalóns longos a un lado porque en Galiza xa temos abondas ocasións para o poñer e o bo de achegarse a sitios cun tempo cálido e ir fresquiñas e botar man desas prendas que merco porque é verán mais sobre as que teño serias dúbidas que vaia ter ocasión de usar pola temperatura e o meu estado de friaxe continua.

Polo día os pantalóns curtos son básicos e imprescindibles, de aí que levase uns vaqueiros en rachado e mais uns negros desfiañados por baixo. As combinacións son máis que doadas, camisola de tirantes en branco e que destaque do pantalón, xogando co binomio branco e negro, se vai moita calor especialmente, e camisola negra se lle engado o kimono colorido de H&M. O calzado imprescindible para ter os pés fresquiños, as sandalias, ambas son de Merkal e xa as vistes no blog mais recoñezo que en sandalias non invisto moito porque as uso dous días e gústanme máis as zapatillas, os zapatos ou as botas.

Camisola de tirantes de H&M
Pantalón negro curto de H&M
Chaqueta básica de H&M
Colar de Asos
Mochila branca de Bershka
Sandalias de Merkal
Lentes de sol de Ray-Ban
 
Camisola negra de Asos
Pantalón vaqueiro curto de Primark
Kimono de H&M
Colar de Lotus
Sandalias de Merkal

Para as noites cómpre arreglarse un chisco máis e hai prendas que ocupan pouco mais visten moito, é o caso deste vestido de River Island que merquei nas rebaixas do verán pesado e que é super lixeiro, por iso era especialmente cómodo para as vacacións, combineino co meu adorado colar de Chocolat que levei porque é un básico total e podía irme ben para varios estilismos e unha chaqueta tamén básica de H&M que como vedes tamén usei polo día, especialmente cando era moi cedo e refrescaba.
 


Vestido de River Island 
Colar de Chocolat
Chaqueta de H&M
Sandalias de Merkal

Unha outra opción foi este estilismo con minisaia prata ao que lle dei un punto deportivo co suadoiro e mais as zapatillas, porque xa estaba bastante cansa e quería ir arreglada mais informal porque xa levaba moitos días andando. Neste caso as zapatillas teñen brillantiños negros e merqueinas nunha tenda en Santiago da que xa non lembro o nome mais que está perto do Alameda, lembráronme moito a unhas de Uterqüe que me gustaban mais que coido que tiñan un prezo exaxerado. A cazadora vaqueira tamén é altamente recomendable para levar de viaxe porque combina con calquera estilismo.
 


 Suadoiro de leopardo de H&M
Minisaia de Pull&Bear
Chaqueta vaqueira de Blanco
Bolso de Misako
Pendentes de Bijou Brigitte

Como vedes con poucas prendas e prendas que ocupan pouco podemos combinar moitos estilismos para ocasións diferentes e sempre dentro da comodidade necesaria para visitar novos lugares. E agora que as tendas xa están ateigadas de novas tendencias cómpre revisar o roupeiro e lembrar que moitas delas xa o foron no verán para reciclar e combinalas adapatándoas á nova tempada!

Un bico moi grande e grazas por seguirdes aí, de verdade!!!!

Silvia