A mesturar estacións

A estas alturas do verán xa non sei nin como vestirme, supoño que tamén vos pasará. Cando vou para o traballo pola mañá morro de frío e á volta, como vaia sol, parece que estamos en agosto! Por iso nestes días a miña prenda favorita está a ser esta cazadora de coiro que merquei nas rebaixas de Mango xa con vistas porque a combinación de ante e coiro seguía de tendencia e había xa moitos anos que tiña ganas dunha cazadora de pel... e non podo estar máis encantada!!!
 
Combinar tendencias de verán e outono é o propio destas alturas, prendas de máis abrigo con outras máis lixeiras, os xerseis e as cazadoras vólvense imprescindibles e desta volta optei por combinar unha prenda básica de verán, o pantalón branco, cunha prenda básica de inverno, a cazadora tipo biker negra.


A combinación de branco e negro e vaqueiro e coiro é tan perfecta e gústame tanto que pouco precisaba, así que simplemente lle engadín unha camisa básica de cadros, uns botíns negros e planos básicos e mais as Clubmaster e ficou listo un estilismo todoterreo e cómodo para este tempo!




Pantalón vaqueiro branco de H&M
Cazadora de pel de Mango
Botíns negros de Asos
Bolso de Kling
Pendentes de Bijou Brigitte
Lentes de Sol Ray-Ban Clubmaster

O bolso, un dos meus favoritos, o de Kling, por suposto! Como vedes nestas alturas o máis práctico é combinar prendas das dúas estacións para atinar co tempo, aínda que cando nos deamos conta xa non tiramos de enriba o abrigo, que o inverno galego évos así! E vós, nesta altura aínda poñedes prendas e complementos de verán ou xa estades inmers@s na nova tempada?

Que teñades unha moi feliz semana e grazas polas visitas!

Un biquinho!!!!!

Silvia

















Publicacións populares