Raias en branco e negro II: conxunto por vinte euros

Ola! Aquí estou de volta, máis unha vez, un venres, xa que a fin de semana se presenta ben intensa! No estilismo de hoxe repito vestido de raias, merquei este vestido nas rebaixas do inverno, por moi incrible que pareza, porque o certo é que de verán, por só cinco euros, e é un dos máis cómodos e versátiles que nunca tiven. A outra vez que o combinei, nunha parada en Plasencia, ía un chisco máis abrigada polo tempo e o estilismo non tiña nada a ver co que vos traio hoxe.

A tendencia das raias é un clásico do verán e se estas son verticais moito mellor porque afinan a figura; se ademais lle unimos o negro e branco estamos case ante un vestido atemporal. Para definir a cintura optei por este cinto ancho que tamén merquei nas últimas rebaixas de inverno de Pull&Bear por só dous euros e cuxa cor combinaba á perfección co vestido. Canto á chaqueta americana branca, que xa combinei noutras ocasión,s é de Suiteblanco e tamén foi unha compra das rebaixas do inverno, o que demostra que o límite entre as estacións cada vez está máis diluído nas coleccións de moda e que ao longo de todo ano hai prendas que se poden utilizar independentemente da estación e o que nos permite conseguir estilismos coma este por só vinte euros (vestido+chaqueta+cinto).


C
Canto aos detalles o colar é de Lotus e as sandalias son as de Vagabond, aínda que está claro que cando un vestido ten tanto protagonismo os complementos son o de menos!


 
Vestido de raias de H&M
Cinto ancho branco de Pull&Bear
Sandalias negras de coiro de Vagabond
Colar de Lotus

Agardo que vos gustase o estilismo de hoxe! Eu case podo dicir que é un dos meus estilismos fresquiños favoritos! ;P. Que teñades unha moi boa fin de semana e moitos moitos bicos!!!

Silvia