Mono negro básico

O mono ou "jumpsuit" negro converteuse nun básico desde o pasado inverno, non obstante eu tiven as miñas dúbidas porque aínda a día de hoxe é un prenda que considero que é difícil que fique ben, non obstante, finalmente a comodidade deste de pata ancha fixo que me decidise por probar mercándoo  ao final das pasadas rebaixas de outono-inverno.

 
A combinación dunha prenda deste tipo é moi sinxela, de feito unha das cousas que fan que xa o usase en varias ocasións é a súa comodidade. Nunca pensei que unha prenda que a primeira vista parecía tan formal podería mesmo ser divertida cando a combino, como teño feito, cunha camisola cun estampado de froitas ou unha camisa con calquera estampado divertido. Desta volta optei por un estilismo con bloques de cor e combinei o mono unha camisola con botóns de cor carne ou pel, a xogo cun colar finiño, todo de H&M.
 
Para finalizar  o estilismo engadín as sandalias negras de Vagabond, un bolso tamén negro da miña nai e mais a chaqueta de Zara para darlle un chisco de cor.
 
  Mono negro de Pull&Bear
Camisola básica con botóns de H&M
Colar de H&M
Chaqueta de Zara
Sandalias de Vagabond
Bolso vintage

Este tipo de prendas tamén son fresquiñas para o verán, e canto máis frouxo sexa o pantalón menos calor dá, e, ademais, todas as tendencias apuntan a que deixaremos de levar eses pantalóns pitillo que tan caro nos custou poñer a algunhas, así que volve a perneira ancha! Viva! Se é que vos gustan os setenta dun xeito especial ;P.

Un biquiño moi moi grande e grazas polas vosas visitas e comentarios!

Silvia