Chaqueta laranxa de Zara

 Cando vos adiantei as cores para esta tempada o laranxa era un das que ían vir con forza e así foi. É un cor de difícil combinación mais que resulta moi alegre para o verán e que pode combinar á perfeccción cuns vaqueiros.

Hoxe tanto a chaqueta como os pantalóns son de Zara. Teño que admitir a miña predilección polos pantalóns de Zara até hai pouco descoñecidos para min. Non é novidade que as tendas de Amancio teñen tallas ben pequenas e ao longo da miña vida foron poucas e contadas as ocasións que alí puiden mercar roupa mais agora recoñezo que os seus pantalóns vaqueiros son dos meus favoritos polo corte, o patrón e o ben que sentan.

Canto a colorido decidín combinar a chaqueta cunha camisola cun deseño dunha vespa que merquei nunha tenda local barcelonesa e que adoro porque é fresca e orixinal. Iso si, tanto colorido non deixaba opción para uns complementos potentes e collín os máis discretos que teño, o bolso camel de Misako e mais as sandalias beis planas de Merkal.






Chaqueta curta laranxa de Zara
Pantalóns rachados e desgastados de Zara
Camisola estampada de Gibgae
Sandalias de Merkal
Bolso de Misako

Desde logo o laranxa volve e ser unha das miñas cores preferidas porque coido que ademais coa pel morena fica moi ben e, neste caso, con estes pantalóns de tendencia está claro que da lugar a un estilismos casual super actual.

Agardo que vos gustase e grazas por seguirdes aí!

Un biquiño moi moi grandeeeeeeee!

Silvia


Publicacións populares