Camisola de Kaporal Jeans

Ola! Como vai ese mes de agosto? Para min perfecto porque estou de vacacións! Que marabilla! Xa case me dá igual o tempo que faga ;P.

O bo tempo vén en días contados así que moitas veces teño que volver ás botas porque hai días que chove continuamente, como no día do estilismo que vos traio. A idea era estrear unha camisola molona de Kaporal Jeans que merque en Metamorfose, unha tenda situada no Valdoncel betanceiro que ten roupa moi especial e un chisco diferente, se vos achegades a Betanzos recoméndovos pasar por alí! ;)

Combinei a camisola coa saia de coiro de H&M que xa me vistes aquí, cando lembraba a tendencia dos 70, e mais cunha chaqueta negra de Zara con flocos das rebaixas de inverno. As botas son de verán en beis e de Marypaz.



 
Saia de coiro de H&M
Chaqueta de Zara
Botas de Marypaz

 A ver se nas próximas voltas retomamos as prendas de verán, que este tempo non dá tregua e mais á vez imos abrindo boca para a nova tempada. Eu non me puiden resistir ás primeiras compras e como vistes na nosa páxina do facebook xa merquei as primeiras botas de media cana con estampado de estrelas! Adoro tamén varias das tendencias que veñen para este outono e que iremos desmiuzando nos vindeiros meses ;).

Un bico ben grande e feliz agosto!

Silvia
 

Publicacións populares