Vestido longo de Celane Moda

Celane Moda é unha pequena tenda betanceira situada no Valdoncel. O certo é que é diminuta mais os cambios no escaparate fan que sempre pare para ver as novidades. A semana pasada vin este vestido longo que me pareceu ideal e cando me acheguei a mercalo botei unha ollada ao resto da tenda, que vos recomendo encarecidamente. Cada vez me gustan máis as tendas locais porque sempre atopas cousas diferentes e o certo é que a moi bos prezos, este vestido, por exemplo, custoume 24,50 euros, e coido que foi un auténtico choio! Eu combineino de xeito informal mais o certo é que con outro tipo de chaqueta, calzado e complementos sería perfecto para calquera ocasión formal.

Combineino con esta chaqueta negra con flocos de Zara que mercara nas rebaixas, como vedes, o vento que ía na praia de Gandarío era algo fóra do normal.




 Como complemento engadinlle a mochila granate de Asos con cara de monstro que tanto adoro!


Déixovos o detalle especial do vestido que o fai aínda máis bonito! Eu, desta volta, púxeno cun top negro porque aínda non ía moita calor, mais o certo é que, como podedes comprobar, a parte de atrás do vestido faino aínda máis perfecto!
Estreei o vestido xunto con estas botas de MaryPaz que merquei neste verán e que tan ben me veñen para a tempada estival galega na que as choivas non nos abandonan! O certo é que usar botas no verán coido que é algo contraditorio, mais na Galiza veñen moi ben!
 Vestido de Celane Moda
Chaqueta de Zara
Colar de The Fifty Factory
Botas de MaryPaz
Mochila granate de Asos
Lentes de sol de Multiópticas

Declárome seareira, desde hoxe, dos vestidos longos, especialmente para o verán, por cómodos, frescos e bonitos e, como non, das tendas da vila, onde moitas veces atopamos prendas especiais e, por suposto, un trato persoal!

Un biquinho moi grande!!!

Silvia

Publicacións populares