Ombreiros ao ar... unha tendencia que volve con forza

O escote bardot débelle o seu nome a Brigitte Bardot porque foi a icónica actriz a que o popularizou. O revival é unha constante na moda, e a tendencia dos ombreiros ao ar foi recuperada por algúns deseñadores o ano pasado mais o certo é que até este non callou nas firmas máis populares. 

Desde o comezo do verán busquei algunha prenda que fixese honra a esta tendencia e dei con este vestido de Asos que é un básico total. Desta volta, e para centrar a atención no vestido, optei por complementalo cun colar longo de UNOde50, sandalias con abalorios e bolso tipo satchel de Imperio Clandestino.







 Vestido negro de Asos
Colar de UNOde50
Bolso de Imperio Clandestino
Sandalias de Merkal
Lentes de Charly Theraphy

E vós que opinades? Gústavos esta tendencia? Xa vos rendestes a ela ou o revival non vai convosco?

Até o próximo estilismo e moitos moitos bicos!

Silvia


Publicacións populares