Conxunto vaqueiro

O estilismo de hoxe é un clásico renovado. As prendas vaqueiras nunca pasan de moda e se teñen rachadelas son unha tendencia da tempada que non pasa desapercibida!


 Gustoume tanto a combinación desta chaqueta vaqueira curta de Suiteblanco con este pantalón de Zara que xa me vistes noutras ocasións que optei por lle engadir unha camisa básica branca e coido que ficou perfecta! Que pensades?




 O toque diferente vai por conta destas sandalias azuis con abalarios e de tendencia étnica de Merkal, que adorei deste o primeiro momento e son comodísimas! Iso si, tende en conta que cun calzado tan potente hai quitarlle protagonismo ao resto do estilismo e empregar prendas básicas coma nesta ocasion o vaqueiro e mais a camisa branca, do contrario podería resultar excesivo.


Chaqueta vaqueira de Suiteblanco
Pantalón vaqueiro de Zara
Camisa branca de Sprinfield
Sandalias azuis de Merkal
Bolso bandoleira de C&A
Coido que este conxunto é perfecto para calquera ocasión, é atemporal e fica perfecto! Vós que pensades? Sodes tan seareiras das prendas vaqueiras coma min? Porque de ser así esta é a vosa tempada!
 

Agardo que vos gustase o estilismo e bicos moi grandes para tod@s!

Silvia

Publicacións populares