Con gorra e Ray-Ban Clubmaster á praia!

As gorras son un complemento que volveu aos meus estilismos estivais recentemente mais que sen dúbida desterrou no meu roupeiro aos sombreiros, que tanto teño utilizado en veráns pasados. Coido que lle dan un punto un chisco máis andróxino a calquera look e que remontan a unha adolescencia que todas adoramos. Para min son un imprescindible para os días de praia, paseos, excursións e viaxes, porque é moi necesario protexérmonos do sol.

A semana pasada, para un día de praia no que aínda non ía tanta calor coma agora, decidín tomar prestada esta de coiro de H&M Divided do meu mozo, porque a cor ficaba perfecta co resto do conxunto e aínda que recoñezo que fun eu mesma a que lla regalei non foi coa intención de usala tamén eu... mais estaba alí a me mirar e non me resistín! xD
Tanto a gorra coma as lentes de sol son dous complementos imprescibles para ir á praia. Desta volta tiven a sorte de estrear as miñas novas Ray-Ban Clubmaster con lentes de espello en azul que me regalaron polo aniversario e que serán, sen dúbida, o meu complemento estrela deste verán.

Polo demais, estamos ante un estilismo completamente básico mais que coido que dá no cravo na medida en que a camisa de cadros lle dá un punto un chisco máis formal que fai que funcione tanto para a praia como para ir tomar algo logo.
  Gorra de H&M Divided Man
Lentes de Ray-Ban
Pantalóns curtos de Lefties
Top negro de H&M
Camisa de cadros de Sprinfield
Colar de H&M
Zapatillas de Merkal

Teño que recoñecer que cando chega o verán no tempo de lecer repítome! Tamén é certo que os estilismos máis pensados son os que levo ao traballo pola mañá mais a esas horas non hai tempo (nin ganas) de facermos reportaxe xD; non obstante, tamén son das que pensa até o último detalle de cada conxunto aínda que vaia para a praia... non o podo evitar, debe ser defecto do animal!;P E vós, despreocupádesvos máis para esas ocasións máis informais... ou tamén reflexionades sobre eses estilismos máis relaxados?

Que teñades unha moi moi boa semana! Que con este tempo calquera o ten, non si?

Moitos bicos a tod@s!

Silvia






Publicacións populares