Tendencia dos 70

Os setenta son unha década estrela para esta tempada, desde o inverno coa tendencia das botas altas ata a primavera onde veñen con forza as saias con forma evasé, como a deste estilismo. O certo é que finalmente volveu impoñerse o estilismo de minisaia mais botas altas e o regreso da moda e de prendas que xa poñían as nosas nais!


 Coido que a saia é a peza principal, de feito a partir desta escollín o resto das prendas. Esta é de H&M, de tecido similar ao coiro e con petos con cremalleiras aos lados, ademais, como vos dixen, é de forma evasé, un tipo de saia que axuda a disimular, non como as tipo lápis, que marcan todo porque son axustadiñas e marcar só a cintura, alén disto hai que ter en conta que se non é moi longa estiliza.


O suadoiro con estampado xeométrico, e as botas, tamén son de H&M, escollín este suadoiro porque lle daba un punto máis informal que un xersei e destacaba do resto das prendas.


E pensaredes que qué lle pasa ao meu cabelo para ficar desa cor! Non lle fixen nada máis que deixalo medrar logo de darlle un baño de cor en varias ocasións o ano pasado... e o pelo tarda en medrar! Xa sabederedes o que son os períodos de transición, pois agora mesmo, como vedes, estou nun deses! xD


Non podía faltar a gabardina, esta merqueina en Miss-Tic, e como ten as mangas en símil ao coiro ficaba perfecta con esta saia... que pensades?

 O pano, ese complemento imprescindible en Galiza, é de Zara, nun ton neutro mais a xogo coas cores do suadoiro... o certo é que, ás veces, me gustaría prescindir del mais resúltame imposible, o tempo non me deixa!


Complementei o estilismo co bolso de G3women que imita ao Candy Bag, ben sabía cando o merquei que con esa cor ía ficar perfecto con moitos estilismos diferentes!

 Saia de H&M
Suadoiro de H&M
Botas de H&M
Pano de Zara
Gabardina de Miss Tic
Bolso de G3Women

E ata aquí a primeira volta aos 70! Mais teño aínda outras prendas a agardar polo bo tempo que seguen esta tendencia e que vos hei de ensinar cando volvan... aqueles marabillosos días de sol! Agardo que sexa axiña!

Moitos bicos e desfrutade desta finde longa!!!

Silvia








Publicacións populares