Denim & raias no casco histórico

O casco histórico de Betanzos ten un encanto especial, así que xa que ía sol decidín que tocaba facer as fotos fóra, ademais andaba por alí porque estou na busca de vivenda e camiñando polas rúas e canellas podes atopar sitios marabillosos nas que ficarían perfectas as fotos de calquera estilismo. Xa que ao longo da mañá tiña que facer diversos recados optei por un estilismo cómodo e actual combinando o vaqueiro e as raias, un estilismo que adoro e adecuado para un estilo casual.

  
 Aínda que é obvio que o denim nunca pasou de moda esta tempada volveu en todo tipo de prendas que levabamos desde os anos 90 sen ver nas tendas, como é o caso do chaleque vaqueiro que é un imprescindible para esta primavera-verán, especialmente se ten efecto desgastado. O que levo é de Pull&Bear e de estilo masculino, apto para lle engadir a calquera estilismo e actualizalo de xeito inmediato, para min será unha prenda imprescindible nesta tempada que comeza.
Canto ao pantalón, tamén vaqueiro, é un básico de H&M e a camisa de raias, en branco e azul, cun estampado clásico e actualizada tamén con ese punto masculino é de Zara.
A mochila branca de coiro é de Bershka, ten unhas tiras comodísimas e xa lle dei moito uso a pesar de que a teño hai pouco tempo, coido que é perfecta especialmente para o verán, que pensades?
 As zapatillas son de Vans, o certo é que levaba tempo buscando unhas zapatillas sen cordóns para o verán e vin estas en Asos que me encantaron, coido que ao ter o estampado de raias non son tan correntes e ademais teñen o estampado de tendencia! Recoméndovos Asos para mercar deportivas desta marca porque teñen moitos modelos e a mellores prezos que nas zapatarías.
 As lentes son o modelo Wayfarer de Ray-Ban en gris e de espello e hoxe até me deu por pór un anel... que é ben raro! Mais este de goma e con brillantiño de Parfois gustoume moito e enegadino porque tamén de cando en vez hai que accesorizarse un pouco, ou non?
Chaleque vaqueiro de Pull & Bear
Camisa de raias de Zara
Pantalón vaqueiro de H&M
Zapatillas de raias de Vans
Mochila branca de Berskha
Anel de Parfois
Lentes de sol de Ray-Ban

Agardo que vos gustase este estilismo, un dos meus preferidos, porque, a fin de contas, cos básicos é sempre doado atinar... ou non?

Moitos bicos e boa finde!

Silvia

Publicacións populares