Todo ao negro

 O negro é unha cor que me gusta tanto que cando me decato teño que buscar algo de cor porque case vou uniformada! Recoñezo que me gusta non só porque sexa adecuado para calquera ocasión senón tamén porque cando era adolescente vestía toda de negro e sempre lle daba un punto macarra. A combinación de negro e vaqueiro aínda é máis actual por iso optei por este estilismo fácil, básico e cómodo para un día de compras.
 




Adoro as superposicións, e aí que neste estilismo vexades tantas capas, hai a quen o exceso non lle gusta mais cando superpós varias capas nas mesmas cores eu coido que fica fenomenal. Desta volta o pano extragrande é de Asos e como ten un estampado de cisnes adoito poñelo con prendas lisas, como nesta ocasión, de xeito que destaque. Lembrade que desde o ano pasao os estampados de animais son tendencia total e a min é que encantan porque me parecen super orixinais e divertidos!





A chaqueta con flocos é tendencia total para esta primavera-verán, eu esta merqueina nas rebaixas de Zara porque considerei que ía ir moi ben con todo tipo de estilismos, mais as de ante en beis ou marrón son unha compra que teño pendente e que posiblemente deixe para as rebaixas... que cando nos decatemos xa están aí!


 O resto do estilismo é ben sinxelo, levo un vestido de Cortefiel coa saia de coiro que é moi cómoda e actual polo que o poño continuamente dese xeito! A camisa longa vaqueira e con lávado ácido é de Primark e é unha tendencia dos 90 que adoro!




Os botíns de plataforma de Asos son unha das melloras compras que fixen este inverno porque son moi cómodos e van ben con calquera estilismo... iso si, non son aptos para quen non lle gusten os zapatos aparatosos, porque como diría miña nai estes son uns "zapatóns" en toda regra! xD

 As lentes de sol merqueinas en Vogelbaum, unha pequena tenda de complementos da Rúa Barcelona, o certo é que nunca tiven unha tan grandes de pasta, mais tamén, de cando en vez, temos que saír da nosa zona "de comfort" e varias un pouco o estilo, ou non?
Chaqueta negra con flocos, Zara
Vestido de coiro, Cortefiel
Camisa vaqueira, Primark
Pano de cisnes, Asos
Botas negras de coiro, Asos
Bolso, C&A

Recoñezo que sempre que poño estas botas de Asos xa me gusta o resto do estilismo... e é que ás veces comezamos a nos vestir polo calzado! Adoro os zapatos e as botas de plataforma e hai unha blogueira que sigo con veneración, Lua, de Le Happy, que sempre publica estilismos con este tipo de "zapatóns" e un punto macarra que me teñen namorada!

Vémonos no próximo estilismo e que teñades unha moi boa semana!

Biquinhos para tod@s!

Silvia