Chaqueta fuscia

Adoro o fucsia! E ás veces atopas prendas que che gustan nos lugares que menos agardas... en concreto, esta cazadora fucsia, a modo de plumas fino, que é adecuada para a primavera, atopeina no Supercor da Coruña. O certo é que fun facer a compra mais non puiden evitar botar unha ollada á roupa e volvín con ela para a casa! Si, o que me gusta é principalmente a cor, o resto non ten nada de especial, mais acaso non coidades que ben chega neste caso para que destaque? Eu coido que si!



Optei pola combinación fucsia e negro para que nada lle roubase protagonismo á prenda principal, e puxen os vaqueiros negros de H&M que eu tanto adoro e que, porqué non dicilo, miña nai tanto odia! E é que hai modas que nunca as nais entenderán... e non hai que lle facer! xD

A camisa de Stradivarius e de cadros xa ma vistes nestoutro estilismo, e xa que tiña entre as súas cores o rosa, combinaba ben coa chaqueta. Lembrade que as camisas de cadros cambian de tecido, de flanela a tecidos máis frescos mais seguen sendo unha tendencia total para a primavera!

Canto aos zapatos este estilismo precisaba uns que non destacasen, de aí que optase polo zapatos tipo oxford en negro cunha pequena plataforma.

Cazadora fucsia, Supercor
Camisa de cadros, Stradivarius
Pantalóns negros rachados, H&M
Zapatos oxford de charol, Truffle


E ata aquí por hoxe, que é luns e temos por diante unha semana ateigada de estilismos coas novas tendencias da primavera... a ver se o tempo nos deixala estrealas!

Moitos bicos!

Silvia