Básicos de primavera

Por fin! Xa andamos a voltas co bo tempo e podemos comezar a tirar roupa do lombo! Incrible! Iso si, hai que aproveitalo, que de seguro que cando esteamos despistadas volve a choiva... mais mentres tanto imos cos básicos para a primavera.

 


A prenda chave nesta ocasión, é, como podedes imaxinar, a americana sen mangas ou o chaleque tipo blazer. Lembrade que os chaleques cobran un protagonismo especial esta primavera e os que teñen un corte máis formal, como este de Bershka, ficarán xenial en estilismos aptos para o día a día. En concreto este modelo habíao en branco mais gustoume máis o azul mariño para combinar con prendas máis claras por baixo, como nesta ocasión, e lograr un maior contraste.





As cores claras e os tons pastel son unha aposta de todas as pasarelas para esta primavera-verán, a cor branca será, sen dúbida, a grande triunfadoar, e unha camisa básica e branca será un acerto seguro para calquera estilismo, ora para unha ocasión formal, ora para unha ocasión máis informal, sempre dependendo de como a combinemos. Lembrade que se a camisa ten pinzas sempre vai definir un pouco máis a figura mais se o queredes é ir máis cómodas sempre podedes optar por unha de corte masculino.



Os pantalóns vaqueiros con efecto de lavado ácido foron pura tendencia nos anos noventa e volveron con moitísima forza nesta tempada, en concreto, estes de Suiteblanco que levo non son propiamente pantalóns son jeggins, a medio camiño entre os pantalóns e os leggins, e que son unha das prendas máis cómodas que hai; iso si, recomendo sempre levalas cunha camisa ou camsiola un chisco longa, sempre dependendo do corpo de cada persoa, mais o certo é que non a calquera lle fica ben este tipo de prenda cunha parte superior curta.



As zapatillas son de Mustang e son perfectas para a primavera, tamén recoñezo que aínda que me gustan moito as plataformas no inverno, na primavera e no verán o calzado que máis poño son as deportivas; como vedes estas son en tons pastel e teñen un deseño un chisco retro.





O colar xa o vistes noutro estilismo, e neste caso, ao ter como base a cor azul mariña coidei que iría perfecto co chaleque.


Canto ás lentes de sol xa teñen uns cantos anos, e son o modelo Cathy Clubmaster de Ray-Ban, como vedes teñen a montura estampada, e aínda que son moi cómodas recoñezo que mercar unhas lentes con este tipo de montura non é un acerto porque logo combinalas é moi difícil!


E queda o bolso, como vedes é totalmente do meu estilo, merqueino nas rebaixas de C&A e adoro levar un can como complemento... non podo dicir máis hehe ;):

 


E co meu novo cadeliño déixovos por hoxe. Agardo que vos gustase esta nova proposta de como combinar prendas básicas para esta nova tempada!

Un bico moi grande!

Silvia

Comentarios

  1. Silvia, un look perfecto para la primavera, el chaleco me encanta aunque con el tiempo que tenemos por aquí no me atrevo a comprarlo ya que no se cuanto uso le voy a poder dar... Los jeggins de Blanco son estupendos, siempre suelo comprar allí los vaqueros porque tienen un precio muy asequible y bastante variedad! :) Un beso!

    Lucia Gallego Blog
    Lucia Gallego Blog Facebook

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Lu! Tes razón co do chaleque, hehe, mais é unha tendencia á que non me puiden resistir! Canto aos jeggins eu nunca os mercara en Blanco mais son super cómodos, así que de seguro que repetirei! Un bico ;)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario