Raias en branco e negro






 As raias son tendencia para esta primavera - verán, por isto cando vin este vestido en H&M nas últimas rebaixas e por cinco euros... non o pensei nin un chisco! De seguro que cando chegue máis o verán hei de volo ensinar ao completo, mais como o frío, polo momento, aínda non nos abandona, tiven que pórlle unha camisola negra básica para me abrigar un pouco máis, e, de paso, fixen, de novo, unha saia dun vestido e a que non se nota nada? A versatilidade de moitos vestidos está neste truco, que cunha soa prenda podes elaborar estilismos ben diferentes!


A cara das fotos é a que me deixou a rinite alérxica logo dunha fin de semana en Sevilla e de descubrir, que nunca, baixo ningún concepto, podo volver no inicio da primavera!;P
 

Como vedes, a pesar de que nun principio poida parecer un estilismo formal por elaborarse a partir dun vestido, finalmente resulta do máis cómodo e práctico para unha viaxe.

 

As prendas imprescindibles da ocasión están claras! A gabardina é o máis atinado para este tempo e para posibles choivas, os botíns ben cómodos e sen tacón, a mochila na que collen mil cousas e o pano que sempre protexe do frío e este inverno xa se converteu nun básico indiscutible.


  
Ademais, a camisola negra estiliza e dálle un punto sobrio ao estilismo contrarrestando a forza das raias da parte inferior!


Gabardina de Miss Tic
Vestido de H&M
Camisola de Asos
Colar de Primark
Botíns de Merkal
Mochila de Fashion Pills
Pano de Sprinfield

 As fotos foron tomadas en Plasencia, unha cidade ben fermosa na que paramos á volta da viaxe, o fondo é da catedral e o casco histórico, como podedes ver, é marabilloso! Que conste que recoñezo que en Betanzos non lle temos nada que envexar a outras cidades históricas... ou non?

Lembrade, as raias sempre dan un aire fesco, moderno e divertido mais mellor que sexan verticais que horizontais, do contrario fan que visualmente gañemos uns quilos, as verticais, pola contra, estilizan.

Moitos biquiños querid@s lector@s!!!!!!!!!

Silvia