Primavera = camisa de cadros e gabardina



 Por fin temos sol e vemos luz ao final do túnel, non si? Albiscamos o verán e as ganas da primavera, xa ás portas, fannos esquecer (momentaneamente hehe) os abrigos e plumíferos! Por iso pensei que era unha boa oportunidade para estrear esta gabardina que merquei en Miss Tic, unha pequena tenda situada na Rúa Barcelona da Coruña e con prendas que coido que pagan moito a pena!

Como vedes a cor é perfecta para calquera estilismo e o detalle das mangas en polipel dálle o toque actual e máis cañeiro.
As mangas son super bonitas! En realidade foi o que me namorou desta prenda, porque xa tiña unha outra nunha cor semellante mais de Zara e moito máis básica, clásica e aburrida.
 Pensei que estes lentes retro de Asos ían fenomenal e ademais, xa sabedes que o pasado está de moda! E decidín combinalos coa mochila tamén granate e de Asos... non podo negar a estas alturas que adoro esa tenda en liña! ;p

 As camisas de cadros fixeron furor este inverno mais volven na primavera coa mesma ou máis forza, por iso decidín deixar xa as de flanela a un lado e darlle paso ás da nova tempada nun tecido máis fino como esta de Stradivarius.

Gustoume moito a combinación de branco, negro e rosa e merquei unha en tons claros porque me encantaba xa que se achega a primavera. Tamén optei polos vaqueiros desgastados de Pull&Bear que xa me vistes noutras ocasións, e que seguirán sendo tendencia nesta primavera-verán.
 Canto ao calzado, e posto que este tipo de pantalón non adoita estilizar moito coidei que lle ficaban ben as botas negras de plataforma de Asos que merquei este inverno.
Gabardina, Miss Tic
Mochila, Asos
Pantalóns, Pull&Bear
Camisa, Stradivarius
Botas, Asos
Lentes, Asos

Como vedes, ás veces unha gabardina un chisco especial dá vida a un estilismo do máis sinxelo e casual e hai estampados que son atemporales porque sempre volven, un deles, sen dúbida, os cadros!

Bicos moooi moi grandes! E a gozar deses estilismos con menos capas de roupa que nos permite este marabilloso tempo! ;) ;) ;) :) :) :).

Silvia