Os clásicos sempre volven

O polo de raias é un clásico que nunca pasa de moda, é unha prenda básica para un estilo informal que foi ideada a comezos do século XX para uniformar os equipos do xogo que lle dá nome e que un século despois forma parte do roupeiro básico tanto de home como de muller.



O certo é que é unha prenda moi cómoda e casual ideal para o día a día que favorece polo corte e que é especialmente adecuada para a primavera e o outono. Este é de H&M e ten un pequeno logo, porque, iso si, recoñezo que os que teñen un logo enorme tanto diante como nas costas non me gustan nada!



Como vedes o estilismo é do máis comodo, co abrigo extragrande. Canto ás fotos foron tomadas na entrada da biblioteca pública de Salamanca, un lugar máxico que vos recomendo visitar!


Cando teño previsto estar moitas horas de viaxe en coche opto polos pantalóns máis cómodos que teño, de aí que recorrese aos meus vaqueiros rachados preferidos de Pull & Bear.



 Polo de raias de H&M
Pantalón vaqueiro de Pull&Bear
Abrigo de Pull&Bear
Botíns de ante de Merkal 

É curioso ver como hai prendas que nos acompañan sempre, porque eu lembro pór polos desde pequecha e até ás veces coido que me devolven á infancia, o certo é que son unha prenda xuvenil que lle dá un aire fresco a calquera estilismo... non pensades? Eu, desta volta, merquei o clásico mais xa ando a pensar cal será o próximo!

Un bico moi grande e boa noite!!!!!

Silvia

Publicacións populares