Estampado de leopardo

Hai estampados que disque volven con forza en cada tempada, mais na realidade é que nunca deixan de estar nas tendas! Un deles é o de leopardo! As prendas con este estampado levan uns cantos anos sen saír do armario e teño que admitir que me encantan! Certo é que dependendo o tipo de prenda e/ou complemento estampado que leves pode resultar mesmo un chisco anticuado mais desta volta optei por un suadoiro e uns botíns con plataforma e coido que ficou moi casual e actual.


O estilismo de hoxe baseeino en prendas cómodas e versátiles, que podemos pór calquera día e para calquera ocasión e de aí que optase por engadir a parka verde de Zara que xa me vistes aquí.
 
 
 

Aproveitei a ocasión para estrear este suadoiro estampado de nova tempada de H&M do que namorei nada máis entrei na tenda. O certo é que os suadoiros seguen vindo con forza para a primavera e son unhas prendas que deixaron o carácter informal para formar parte tamén dos estilismos máis formais desde hai unhas cantas tempadas.

 

 Canto aos pantalóns tipo "mozo", que moita graza me fai esta denominación "tipo boyfriend", son tamén de Zara e de nova tempada e o certo é que son uns dos máis comodos que tiven nos últimos tempos. Tamén é verdade que este tipo de pantalóns non estilizan tanto como outros modelos mais están tanto de moda que non me puiden resistir!

 E, como vedes, xa que a peza principal do estilismo era de estampado de leopardo decidín rescatar estes botíns de lona que merquei no verán pasado en Asos e que, polo que vin nas zapatarías, volven este ano! Levaranse, máis unha vez, na primavera, os botíns de lona con plataforma e tacón con diferentes estampados.

 Parka verde de Zara
Suadoiro estampado de H&M
Pantalón vaqueiro de Zara
Botíns estampados de Asos

Gústavos o estampado de leopardo? É, para vós, un deses imprescindibles que ano tras ano aparece no voso roupeiro? Como vedes para min si!!!!!!! Agardo que vos gustase o estilismo! ;)

Moitos, moitos bicos e grazas por seguirdes do outro lado.

Silvia