Abrigo grande e masculino, unha tendencia arriscada


Os abrigos sobremedida ou "oversize" son unha tendencia que chegou con moita forza especialmente neste outono - inverno e coido que é das que adoras ou odias. Os abrigos grandes e masculinos son pouco favorecedores en xeral e se tes uns quilos de máis a cousa xa se complica, non obstante, logo dun tempo e de atopar un a moi bo prezo podo confirmar que son do mellor que hai... pola comodidade! Certo é que tamén lle dan un punto masculino a calquera estilismo que me encanta, xa o sabedes, e se a isto todo lle sumamos que este en concreto é vaqueiro, reunía tres tendencias nunha soa prenda... así que podemos dicir que é tendencia total!

Tamén recoñezo que hai un tempo xamais me fixaría nunha prenda así mais este que atopei nas ultimísimas rebaixas de Pull & Bear, a un 80% do prezo inicial (9 euros!) coido que vai ser o primeiro dunha nova relación de amor con este tipo de prendas ;P.


 Aínda por riba, o efecto desgastado dálle aínda un toque máis auténtico e orixinal que fan que sexa unha peza esencial no meu día a día.
 



Ultimamente sempre que o poño prima a comodidade de aí que o resto do estilismo sexa do máis sinxelo e práctico... a comezar polo vestido negro básico de C&A que mercara tamén nas rebaixas e as botas de ante de Merkal de xa me vistes aquí.



Iso si, decidín darlle un toque de cor ao estilismo con este pano rosa de Zara de hai xa varias tempadas e pór as miñas queridas Ray-Ban... que non falten nunca!! :) :) :)

 Abrigo de Pull & Bear
Vestido de C&A
Pano de Zara
Botas de Merkal
Lentes de sol de Ray-Ban

Como vedes, máis un vez tendes neste un estilismo cómodo e actual por 26 euros (vestido + abrigo + botas) que serve para o día ao día e especialmente para estes días de sol nos que o frío aínda non nos deixa! Mais como vos dixen, con prendas como este abrigo non adoita haber termo medio, ou deveces pola tendencia ou aborrécela até o infinito... eu, desde logo, son do primeiro grupo, e vós?

A gozar dos días libres e un bico moi grande!

Silvia

Publicacións populares