Vaqueiro e rachado, a tendencia máis actual

As prendas vaqueiras volveron xa hai un tempo para non abandonar os nosos roupeiros, camisas, pantalóns, chaquetas, complementos... está en todas partes! E se a isto lle sumamos o efecto desgastado ou no caso dos pantalóns, as rachadelas atinaremos de cheo coas tendencias actuais. Certo é que a min esta tendencia nunca me deixou de gustar desde que estivera de moda aló polos anos da miña adolescencia. Por iso cando atopei nas últimas rebaixas de H&M estes pantalóns vaqueiros en negro non o dubidei e souben que a partir dese momento serían os meus preferidos.


As rachaduras tan só as ten nos xeonllos mais xusto son as que máis me gustan!


Cuns vaqueiros negros a combinación sempre é doada, como vedes, como prenda de abrigo puxen o abrigo negro de Mango coa lapelas de coiro e decidín que este estilismo era cómodo e perfecto para ir á manifestación que o pasado domingo convocou a plataforma Queremos Galego baixo o lema "Polas fillas dos nosos fillos", para reivindicarmos un futuro para a nosa lingua logo dos devastadores datos que revelou a última enquisa de uso do galego.

Á volta de Santiago paramos en Trazo para unha visita familiar e aproveitei para facer as fotos do estilismo nesta paisaxe marabillosa, recoméndovos visitalo, mais tampouco penso que sexa nada novo falarvos da beleza inmensa rural galego.



A combinación branco + negro sempre é gañadora e o certo é que ao levar as zapatillas estampadas gústame que o resto das prendas sexan monocromáticas, de aí que me decidise polo pano blanco de Zara, que xa terei que xubilar dentro de pouco porque mira que lle dei uso!
 

Tivemos a sorte de que houbo un estupendo día de sol e puiden pór as Ray-Ban wayfarer con cristal de espello, aínda que xa lle ando a dar voltar a mercar as clásicas negras que aínda irían mellor con calquera estilismo.



Para combinar co pantalón negro optei pola camisa vaqueira longa e destinxida para non ir tan escura e que resultase, ademais, un estilismo que tivese como chave a tendencia de prendas vaqueiras.


Esta camisa de Primark gústame moito porque coido que con ese longo tamén consigue o efecto de estilizar a figura.


As zapatillas son as de Vans, de tipo botín, con plataforma e estampado de animal salvaxe que tan cómodas me son!


Engadinlle o colar en prata co símbolo da paz, tamén de Primark e un pendentes de gatiños en branco e negro dos que esquecín tirar fotos e non vos poso amosar en detalle ;P.



Finalmente, rescatei do xoieiro un anel que debe ter tropecentos anos mais que me fai moita ilusión pór porque antes o poñía no dedo do aro e agora sérveme no furabolos! 


Por certo, que esta semana tiven unha moi boa nova porque seica por fin estou no meu peso ideal e déronme de alta do protocolo de obesidade logo de perder 38 quilos! Agora só teño que volver a unha revisións anual para comprobar que todo segue igual! :) :) :) :)

E nada máis, que vos parece a combinación de vaqueiro + rachado? Eu coido que é unha aposta segura, actual e cómoda... máis non se lle pode pedir!

Bicos grandes e feliz Entroido!!!

Silvia

Publicacións populares