Estilismo básico por 24 euros

Bo día! Xa hai tempo que vos quería ir amosando estilismos que demostran que non fai falla deixar o salario nas tendas de roupa para ir ben vestida. Sigo desde hai tempo o blogue La reina del low cost onde Pilar sempre nos achega estilismos ideais por moi poucos cartos e tamén son mi seguidora do programa da galega Laura Opazo no Canal Decasa que se chama Moda Reto onde nos ensina como lucir estilismos perfectos da cabeza aos pés por menos de 50 euros e aptos para distintas ocasións.


Desta volta a idea era ensinarvos un estilismo básico e cómodo que serve para o día ao día e que mesmo podedes levar ao traballo ou á universidade como tamén logo ficar perfectas para ir tomar algo pola noite.


Como vedes está composto por un vestido de flores pequeniñas en tons terra, un colar de abalorios negro e dourado, unha chaqueta negra cun detalle especial co coiro nas mangas e os flocos do remate e mais uns básicos e cómodos botíns a camiño entre o marrón e o beis que combinan con calquera estilismo.


Tanto o vestido coma o colar merqueinos no The Style Outlets Coruña que ten un montón de marcas con descontos de até o 80%, ademais, por se non o sabedes, o primeiro sábado e mais o último xoves de cada mes teñen aínda maiores descontos. O últimos xove do mes pasado achegueime por alí e atopei este vestido de Sprinfield a 2,99! Antes era de 39,99, así que non o dubidei un momento, porque ademais o corte gustoume moito. Sprinfield ten as prendas neste centro comercial en The Fifty Factory, onde podedes atopar tamén prendas con desconto de Pedro del Hierro, Pull & Bear, Cortefiel ou Woman Secret.


Deste vestido gustoume especialmente o estampado e a cintura cinxida e aínda que me parece ideal a cor para outono estou segura que o vou pór tamén na primavera.

                   
Canto ao colar é de Amichi e tamén me custou 1,99, o prezo orixinal era de 12,99, así que como vedes paga a pena ir ese día! Este tipo de colares étnicos e con abalorios brillantes gústanme moito para o verán mais coido que tampouco debemos renunciar a eles no inverno porque... hai complementos que nunca están de máis! ;).


A chaqueta pola que optei tens uns flocos que tan de moda estiveron este inverno e que volven na primavera, é de Zara e fíxenme con ela por 11,99 cando era de 29,99. Como vedes tamén ten un bonito detalle de pel nas mangas. Unha chaqueta negra fina sempre vai haber cando poñela e mais aquí que por moito que sexa verán sempre refresca pola noite e son moi contadas as ocasións en que podemos prescindir dela! ;P



Non coidades que é super orixinal con ese remate final? A min encantoume!!!



Ademais mesmo pode facer de pano porque ao ter o baixo desigual se vai un pouco frío aínda podes botala de lado e fica xenial!







 E para finalizar engadín estes comodísimos botíns de pel de Lauréana, unha marca de calzado española que comercializa Merkal e que ten calzado de moi boa calidade e moi bo prezo! Estes, en concreto, eran de 39,95 euros e merqueinos nas rebaixas de Merkal por 7,50! Non sei se sabedes que o Merkal que temos no Parque Oleiros  ten unha sección de oportunidades con números que lles quedan do calzado onde se poden atopar botas, zapatos, zapatillas e sandalias a moi bo prezo e que, aínda por riba, nas rebaixas poñen a sección ao 50%, e nesa ocasión foi onde atopei estes botíns que non teñen nada e o teñen todo porque son comodísimos e moi combinables!
Como vedes podedes obter un estilismo básico por moi poucos cartos e mesmo con prendas e complementos que podedes reutilizar perfectamente noutros máis ou menos informais. Moitas blogueiras de moda adoitan levar prendas e complementos que non están ao alcalce de calquera e que a maior parte de nós non podemos ter mais coido que o espírito dos blogues de moda debería ser achegar propostas aptas para calquera peto, tipo de muller e ocasión, do contrario convértense en simples escaparates de moda das grandes marcas e grandes negocios afastados da realidade e a moda que podemos ver nas rúas galegas.

Vestido de Sprinfield
Colar de Amichi
Chaqueta de Zara
Botíns de Lauréana para Merkal

 Agardo que vos gustase esta nova proposta e que poida ensinarvos máis deste tipo a partir de agora, ás veces, o fío da cuestión está en buscar, rebuscar e pensar porque a case todas as prendas e complementos se lles pode dar un aire actual se os combinamos do xeito adecuado, non pensades?

Moitos bicos e gozar do que queda da fin de semana!!!!!!

Silvia