Camisa de parruliños + gabardina fucsia

Hoxe traio unha combinación un chisco especial, recoñezo que a maior arte dos días me visto en función do ánimo e hoxe tiña ganas de cor, así que decidín sacar de paseo a miña vella gabardina fucsia e combinala cunha camisa vaqueira verdadeiramente divertida cun estampado de parruliños e as mangas de raias... a ver se vos gusta!



Como vedes a gabardina fucsia é moi fluída e aproveitando que este ano volveron estas prendas menos axustadas que en ocasións anteriores decidín que era hora de volverlle a dar uso, coido que debe ter uns seis anos e mercáraa en El Corte Inglés porque me encantara a cor e... anos despois segue a ser unha as miñas preferidas!




Xa que a gabardina era fucsia atrevinme aínda con máis cor e puxen un pantalón malva que merquei os pasados días nas últimas rebaixas de Cortefiel. O certo é que a cor me gustou moito e pensei que ía ser perfecta para a primavera, mais tamén é certo que este tipo de cores non estilizan nada  e menos nun pantalón con esta silueta mais, a pesar de todo, tanto me gustou que sabía que lle ía dar moito uso igualmente.



Este pantalón non ten nada de diferente máis que a cor, mais ás veces aburre levar tanto vaqueiro ou negro e hai que darlle aos estilismos un pouco de cor... non pensades?




A camisa de parruliños é moi especial para min porque a merquei nun postiño de Candem Town o ano pasado e ademais coido que é super orixinal non só polo estampado de animaliños senón porque ten as mangas a raias e nun tecido diferente.




Aquí tendes a camisa en detalle.



 E finalmente puxen as zapatillas de brillantiños de Mademoiselle para Fosco porque os días libres e con sol hai que aproveitalos para camiñar, descubrir e buscar novos sendeiros!



Os lentes de sol xa os vistes noutras ocasións e son de Charly Therapy.

Gabardina fucsia,  El Corte Inglés
Camisa de parruliños, mercado Candem Town
Pantalón malva, Cortefiel
Zapatillas, Mademoiselle para Fosco
Lentes, Charly Therapy

Hoxe tiven a sorte de repetir fotos na Praia grande de Miño mais pola parte de atrás, se aínda non a visitastes recoméndovola, é unha das mellores praias que temos perto de Betanzos!

Agardo que vos gustase a combinación de cores! Aínda que recoñezo que é un chisco atrevida de máis e mesmo eu ao principio dubidei mais logo pensei... a moda está para divertirse así que aló imos! hehe

Bicos grandes querid@s lector@s e que teñades unha moi boa semana!!!!!!

Silvia

Publicacións populares