Bolso Candy



Hai xa tempo que me gustaba moito o "Candy Bag", o bolso icónico da marca italiana Furla que sempre me pareceu ideal por ser transparente e ter edicións en múltiples cores e de todo tipo. O único problema é que os seus prezos oscilan entre 130 e 300 euros e aínda que en rebaixas mesmo podes atopar algún modelo a moi bo prezo recoñezo que hai xa tempo que me dá reparo gastar tantos cartos nos complementos. A pesar disto non me puiden resistir á versión do bolso Candy que G3women ten desde hai un tempo e decidinme polo gris en transparente e con brillantiños porque me parecía moito máis combinable que outros de cores máis chamativas, aínda que recoñezo que me gustaban todos!


O bolso era de 44,95 e merqueino de rebaixas por 19,95, así que un bolso nunca está de máis, non pensades? ;P



Aproveitei a ocasión para estrear tamén os meus novos botíns de Bimba & Lola, dei con eles nas últimas rebaixas a 60 euros cando antes eran de 162 (que barbaridade!), así que tendo en conta que a cor vai ser moi apropiada para a primavera e que cada vez me gustan máis os botíns con plataforma e tacón, volveron para a cas comigo. Recoñezo que as rebaixas parécenme útiles especialmente para mercar complementos de boa calidade que teñen uns prezos privativos ao comezo da tempada.

Como a idea era que o bolso e mais os botíns destacasen simplemente puxen un vestido negro básico ao que lle engadín unha camisola con publicidade de comezos do século pasado que merquei en Pull & Bear.


Non podía faltar o pano, este de Asos con estampados de cisnes e extragrandes e ten viaxado moito xa que ao ser tan grande nomeadamente no verán é práctico para moi distintos usos.




Os pendentes de gatiños son de Claire´s e gústame moito porque atravesan a orella e coido que son moi orixinais!


Aquí tendes o estampado da camisola máis en detalle, gustáronme moito as mangas pola comodidade que supón no verán e na primavera non levar as prendas estreitas.


Bolso de G3women
Botíns de Bimba y Lola
Vestido de C&A
Camisola de Pull & Bear
Pano de Asos
Pendentes de Claire´s
Abrigo de Mango

Estas fotos son do sábado pasado que non paraba de chover e nunca saen as fotos ben! ;P. Por sorte estes días o sol acompañounos un pouco máis e xa comezo a soñar co verán! Que chegue xa! Xa teño ganas de aparcar os abrigos e as botas... de seguro que vós tamén! Que chegue o verán!! :) :) :)

Ah... e mañá xa é venres! Así que a gozar da finde!

Moitos moitos bicos e grazas por seguirdes aí!

Silvia

Publicacións populares