Xersei amarelo + saia de coiro

Ola! Como se nota que estamos en época de exames que non ando moito por aquí hehe. E non é que ande liada con moita cousa mais cando deixas a universidade calquera pequena proba parece un mundo... como en todo pérdese a práctica xD. Hoxe decidín achegarlle un pouco de cor a este día tan gris, e é que hai que animar os estilismos e poñer ao mal tempo boa cara, non si?


Combinei un xersei amarelo de Suiteblanco que merquei hai uns meses mais que me vai vir fenomenal para a primavera cun vestido de Cortefiel que fai a modo de saia de imitación ao coiro, que tanto se levou este outono-inverno.


O vestido é do outlet de Cortefiel, Fifty Factory do Coruña The Style Oulets, é de raias e manga curta, así que tanto lle dou uso con vestido como cun xersei a modo de saia.


Gústame moito a combinación do negro con calquera cor brillante mais neste caso é unha das miñas preferidas, amarelo máis negro combinan á perfección.


Ao se tratar de que destaque o xersei optei por medias e botas negras, para atinar co estilismo en bicolor.


O colar ten flocos de ante e xa ten uns aniños, é do outlet de Day a Day que había no Centro Comercial Los Rosales da Coruña.

 


Co frío que vai non podía faltar o pano, esta xa mo vistes noutras ocasións e é de Zara, ao ter motivos amarelos e negros combinaba moi ben co resto das prendas.





E finalmente puxen perdentes amarelos a xogo co xersei, non son moito de cambiar os pendentes mais de cando en vez si que me gusta combinalos coas prendas.


 Vestido de Cortefiel Outlet
Xersei de Suiteblanco
Colar de Day a Day Outlet
Pano de Zara
Botas de Asos

Agardo que vos gustase o estilismo, aínda que pareza unha abelliña, hehe, mais de cando en vez tamén hai que probar con combinacións de cores un chisco máis arriscadas, non pensades? Tendes algunha combinación de cores preferida?

Moi boa finde e grazas, de verdade, por seguirdes do outro lado!