O vestido de Asos

Ás veces atopas un vestido e pensas "este é o meu", iso fo o que me pasou con este vestido-suadoiro que merquei en Asos. Desde o comezo da tempada boteille o ollo, mais tardei en pedilo polo meu reparo a mercar roupa en liña logo de perder tantas tallas, basicamente porque aínda non teño claro cal levo. O bo de Asos é que ten unha ferramente para ver  a túa talla e tomar as medidas para logo comparalas coas da prenda que queres e proporche a talla que precisas, eu xa botei man dela varias veces e sempre dá no cravo! Así que pedín nas rebaixas, tal e como xa vos contei,  este vestido e non perdín ocasión para estrealo xa na fin de semana pasada!





Como vedes é un chisco diferente e por baixo tiven que lle pór unha camisola básica negra de manga longa de Asos.


Xa que o vestido era tan orixinal optei polas botas negras de plataforma tamén de Asos e o abrigo con solapas que merquei no venres negro en Mango.



E... ten un peto máxico! Cantas veces non quixemos ter un como o de Doraemon! hehe



E como complemento coidei que lle iría perfecto este bolso que me regalaron hai varios anos polo meu aniversario, que sempre adorei e que uso en ocasións especiais.





Aquí o tendes en detalle... a que é unha pasada?





Desde logo, o complemento de hoxe non deixa indiferente, e vós, que opinades? Gústanvos este tipo de bolsos? E gustouvos o meu novo vestido de Asos?

Agardo os voso comentarios... e que teñades unhan moi boa semana!!!!

Silvia