Lunares xa de primavera

E pasou máis unha vez... fun ás rebaixas e merquei xa prendas de nova tempada. A verdade, a cantas e cantos non vos pasou isto? Xa case parece inevitable! Todo está organizado para que non che atraia a roupa de rebaixas e si a de nova tempada, que tan nova non é porque a podes pór perfectamente neste tempo!


Desta volta pasoume cun pantalón de Suiteblanco negro e con lunares brancos que de primavera non ten nada, mais que tanto me gustou que non me puiden resistir! Recoñezo que tamén me fixo ilusión entrar nun pantalón desa tenda, tampouco hai porqué negalo ;P! A frustación para quen usa máis dunha talla 42 non é novidade ningunha, na actualidade e logo de adelgazar trinta e cinco quilos aínda non probei nin sequera un pantalón de Zara e é que a industria da moda é moi cruel para toda aquela persoa que non entra nos seus estándares e, por defecto, para unha grande parte da poboación que non entra nas tallas que ofrecen a maioría das tendas. 


Como vedes neste tempo opto pola gabardina constantemente e sempre que non vai un frío de morrer! O certo e que é moi cómoda e doada de pór e mais combinar, esta é de Zara e xa ma vistes en varias ocasións.



Xa que acostumo adoecer da gorxa en moitas ocasións non pode faltar un pano nos estilismos, este branco é un dos meus favoritos desta tempada e tamén o merquei en Zara.




O xersei que considerei que cominaba á perfección neste estilismo foi este de Okeysi que xa vistes aquí e que merquei nas rebaixas.





Para finalizar o estilismo optei polos zapatos tipo Oxford negros de Truffle que tanto levo posto neste outono-inverno.


Gabardina beis de Zara (xa saíu aquí)
Xersei negro de Okeysi (xa saíu aquí)
Pantalón de lunares de Suiteblanco (24,95 euros)
Pano branco de Zara (15,95 euros)
Zapatos de Truffle (xa saíron aquí)

Hai días en que a comodidade do estilismo está por riba da orixinalidade, este é un deses caso, ás veces depende do estado de ánimo, a vós non vos pasa?

Bicos grandes e grazas por seguirdes aí!!!!

Silvia