Bolsos do pasado

Ola! Como vai ese comezo do ano 2015? Agardo que moi ben! Para comezar o ano decidín botar man dun deses bolsos que adoras pasen os anos que pasen. Este bolso tan orixinal e con forma de teléfono debe ter máis de dez anos tranquilamente e é de Miss Sixty, mais para min nunca pasa de moda! Recoñezo que sempre que o poño alguén me pregunta e que ten pasado nas noites de festa por moitas mans porque a súa orixinalidade sempre chamou a atención... e agora que nesta tempada volveron os bolsos realistas tiña que tirarlle o po e sacalo á rúa! Non me podía resistir!



Xa que celebrabamos o aninovo decidín que algo había que estrear... e que mellor ocasión para pór o meu novo chaleque que parece unha ovella, si, si, encántame porque é como levar unha ovella enriba, e a pesar de que nunca devecín demasiado polos chaleques peludos desta namorei a primeira vista en Pull&Bear.




 Como vos dixen xa en varias ocasións todo comeza por unha prenda... que desta volta foi o chaleque, e a partir de aí decidín que este vestido asimétrico de H&M combinaba á perfección polas cores. O vestido en si non tiña nada especial mais recoñezo que por 14,95 xa lle tirei ben proveito este outono-inverno!


Como as medias non podían faltar e as medias marróns non é algo que me guste especialmente optei polas negras e engadinlle estes botíns negros de plataforma que merquei xa nas rebaixas de Asos a metade de prezo, son comodísimos e super combinables, de feito, só levan unha semana na miña casa e xa os puxen varios días... porque o certo é que combinan con todo.




E non podían faltar as lentes de sol de Charly Therapy que cos cristais de espello amarelo até combinaban co chaleque! Optei, tamén, por un toque de cor violeta tanto nos beizos coma no esmalte das unllas.

Chaleque de pelo de Pull&Bear (45,95 euros)
Vestido estampado de H&M (14,95 euros)
Botíns negros de Asos (antes 78,57 euros, agora 38,57 euros)
Lentes de sol de Charly Therapy (xa saíron aquí)
Bolso de Miss Sixty

Como vedes moitas veces paga a pena gardarmos cousas porque cos anos sempre as poderemos volver usar, é o caso do bolso deste estilismo, porque hai prendas e complementos que cando te fas con eles definen tanto a túa personalidade que tanto teñen as modas e os anos que pasen que para ti seguirán sendo tan especiais como o primeiro día.

Supoño que vós tamén teredes algunha desas prendas e/ou complementos dos que falo, non si?

Feliz 2015! E a desfrutar dos días festivos que cando nos decatemos xa volveu a rutina diaria...

Moitos bicos para todos/as vós! ;)

Silvia

Publicacións populares