Unha saia dun vestido

Cantas veces non terei feito unha saia dun vestido? Persoalmente é unha fórmula á que recorro moito porque me é moi cómoda e resulta un xeito sinxelo de lle dar un aire novo a unha prenda! Hoxe repetín vestido, aquel de H&M que estreara en outubro, mais engadinlle unha blusa negra da mesma marca que xa tamén combinara noutra ocasión, e, ademais de ir un chisco máis abrigada, que coas xeadas que están a caer nunca se botan de menos máis prendas, deille un aire novo ás pezas que xa tiña.





E si, recoñézoo, ultimamente parece que teño obsesión co granate, mais é que sempre foi unha das miñas cores preferidas e tiven a sorte de que nesta tempada está por todas partes! Ademais, unha vez que tes uns zapatos e un pano da túa cor favorita, ir combinada é o máis sinxelo do mundo, como podedes ver! ;)





Rematei o estilismo co abrigo negro de Mango que recoñezo que non saco de enriba, a mochila de Fashion Pills, o pano de Sprinfield e mais o colar, tamén de H&M, ao igual que o vestido e a camisa, de abelorios granates



Vestido de H&M (xa saíu aquí)
Camisa de H&M (xa saíu aquí)
Colar de H&M (xa saíu aquí)
Zapatos de Asos (xa saíron aquí)
Mochila de Fashion Pills (xa saíu aquí)
Pano de Sprinfield (xa saíu aquí)
Abrigo de Mango (xa saíu aquí)

Como se notan os días escuros na cámara do móbil! Mais agora que o Apalpador me trouxo unha cámara de fotos agardo que a partir de agora mellore a calidade delas! ;P

E... como vedes, esta só é unha posibilidade, mais hai mil e unha de combinarmos o que xa temos no roupeiro para obtermos un estilismo diferente, desta volta... unha saia dun vestido!

Bicos grandes e feliz 2015!

Silvia

Publicacións populares