O vestido vaqueiro



Ola! Mediados de semana e xa ando a estrear algunhas cousiñas que merquei no venres negro, e é que non me puiden resistir ;P. Hai moito moito tempo que tiña ganas dun vestido vaqueiro, o certo é que é un clásico que nunca pasa de moda e que xa tiven en todo tipo de tallas... mais recoñezo que o deste estilismo, tipo camiseiro e de Suiteblanco é que me encantou!  É verdade que máis me sorprendeu aínda de que me servise a L desta marca porque coido que nunca me servira algo de alí! Como vedes é desgastado e tiña unha cintura elástica que non me resultaba moi cómoda e que me quitou miña nai, que á a que se apaña para estas cousas,... e así si, ficou perfecto e comodísimo! De seguro que lle hei de tirar moi proveito especialmente para traballar e coido que foi un choio porque ademais do barato que era merqueino ao 20%.



A mellor compra desta finde de descontos foi, sen dúbida, esta abrigo de Mango, que me encantaba desde o inicio da tempada mais cuxo prezo (129 euros) me tiraba un pouco para atrás, máis tendo en conta que levo un tempo adelgazando e a talla bailando, mais agora que é posible que xa non cambie moito máis, como me dixo a enfermeira, decidínme por el nunha finde en que me saiu cun 30%, que son uns 39 euros menos e que demostran que realmente eses descontos pagan a pena canto máis cara sexa a prenda. Como vedes é un abrigo negro co cuello tipo biker, e que ademais é convertible porque cando o cerras ten a parte frontal completamente diferente, ten detalles de coiro e cremalleiras que o fan moito máis actual, xa que recoñezo que os abrigos negros clásicos non me van moito e resúltanme un pouco aburridos, mais desta volta tiven sorte e atopei xusto o que me gustaba!





Finalmente recorrín aos zapatos de veludo de Asos que recoñezo que vou usar decotío porque os adoro e danlle un punto de cor a calquera estilismo, ao igual que fago coa miña tan socorrida mochila de monstro e engadinlle as Ray-Ban de espello que completan tamén á perfección calquera estilismo.




 Vestido de Suiteblanco (25,99 euros)
Abrigo negro de Mango (129 euros)
Zapatos de Asos (xa saíron aquí)
Mochila de Asos (xa saíu aquí e aquí)
Lentes de sol de Ray-Ban (xa saíron aquí)

Que vos parecen as miñas compras do venres negro? E vós, aproveitastes as ofertas para facervos con esas prendas que desexabades? Agardo que si!

Bicos grandes a tod@s... e até o próximo estilismo!

Silvia

Publicacións populares