Bolboretas... no vestido

Hoxe a cousa vai de bolboretas, mais desta volta non no bandullo, senón no vestido. Este vestido merqueino en Asos haberá cousa dun mes porque me encantou o estampado desde o primeiro momento. Recoñezo que pola tea quizais é máis propio para a primavera mais eu non me puiden resistir e logo de me abrigar ben por baixo xa o estreei!




Xa que un vestido estampado cobra todo o protagonismo optei polo negro para os complementos, a miña chaqueta de peluxe negra de H&M e mais as botas altas tamén de H&M.



Simplemente lle engadín aos complementos en negro a tan recorrida mochila de Asos dourada basicamente porque ese día tiña que facer un montón de recados e é a que me resulta máis comoda ;). Tamén, como de cando en vez saía o sol, puxen as lentes de sol de Multiópticas redondas e de espello azul do pasado verán.



 Como vedes o estampado non podía ser máis alegre mais como aínda tiña ganas de engadir un colar decidín optar por este que merquei en H&M para unha cea que tiven nestas datas.


Vestido de Asos (68,57 euros)
Chaqueta de peluxe de H&M (xa saíu aquí)
Botas altas de H&M (xa saíron aquí)
Colar de H&M (9,95 euros)
Mochila de Asos (xa saíu aquí)
Lentes de Multiópticas (29,95 euros)

Agardo que vos gustase o vestido estampado de bolboretas e é que os estampados volveron con máis forza ca nunca nestas últimas tempadas... E vós, preferides arriscar un chisco cos estampados ou sodes máis de prendas dunha soa cor?

Que teñades unha boa saída e entrada de ano e que todos os vosos desexos se cumpran agora e sempre! ;)

Bicos grandísimos!

Silvia