O CHALEQUE

O chaleque, chaleco ou colete é unha prenda de roupa tan especial que ás veces pode definir un estilismo por completo. Esta peza tirada do armario masculino irrompe con moita forza neste outono-inverno en distintas versións, atopámolo en todas as tendas de moda de diferentes tecidos e estilos... mais este que merquei neste días é moi especial. De casualidade parei nunha tenda betanceira situada na Porta da Vila que se chama Chocolat, é unha pequena tenda que conta con prendas moi especiais e prezos bastantes asequibles, alí, moi amable e atentamente, atende Sonia, irmá dunha boa compañeira miña do ensino primario. Logo de botar unha ollada atopei un chaleque sen o que non podía marchar e co que xa pensei unha chea de estilismos, iso si, especialmente atinados para a noite e ocasións extraordinarias. A marca é OR Collection, e segundo me dixo a propietaria da tenda é francesa. Como o chaleque é solto engadinlle un cinto estreito metalizado e tornasolado de Lefties, mais tamén se pode pór perfectamente sen ningún complemento.





Ao chaleque engadinlle unha blusa negra de gasa e semitransparente con botóns dourados de H&M, uns pantalóns desgastados vaqueiros de Lefties, bolso de Blanco en dourado, negro e crema con cadea fina dourada e mais bailarinas de ante douradas e negras con tacón metalizao de Asos que me regalaron aló polo Nadal de 2012. Como vedes hai moito metalizado neste estilismo mais nos conxuntos de noite é onde quizais é máis atinado arriscar con estas cores, non si? Ah! E combineino cos beizos e as unllas vermellas, como non!






Chaleque de OR Collection, 45 euros
Panalóns vaqueiros desgastados de Lefties, 19,95 euros
Camisa negra de H&M, 19,95 euros
Bailarinas douradas e negras, 59,95 euros
Bolso de Blanco, xa saiu aquí
Cinto metalizado de Lefties, xa saiu aquí

Gustouvos o estilismo de festa? E vós, arriscades tamén un chisco máis pola noite?

Que vos sexa leve a semana e moitos bicos!

Silvia


Publicacións populares