Mr. Gugu & Miss Go

Ola! Canto tempo! As semanas xa son interminables e non dan para nada! Esta semana quixen actualizar antes mais foime imposible! E iso que me chegou unha das miñas pezas favoritas que estaban de rebaixas na media tempada e tiña que poñela si ou si! Hoxe podo centrar o estilismo nunha prenda, o suadoiro de Mr. Gugu & Miss Go que merquei en Asos e detrás do que andaba dende había ben tempo, só que, sinceramente, a pesar de que este tipo de prendas máis caras me gusten sempre adoito agardar a que as rebaixen porque recoñezo que me dá reparo gastar tantos cartos nunha prenda. Aquí a tedes, a ver se a vós vos gusta tanto coma a min! ;)


O deseño de caramelos é super divertido e até unha caixeira do super me dixo que non pasaba desapercibida hehe. Esta marca ten roupa flipante mais algúns prezos un chisco prohibitivos, agora, como tamén se distribúe desde Asos se agardamos ás rebaixas podemos facernos con algunha, esta era de 85,21 euros e eu merqueina a 31,28 euros, así que imaxinade! En moitos modelos teñen até a 4xl e esta, é da 44 mais bastante ampla, así que tamén hai para todas as tallas e gustos! Desta volta combineina cuns vaqueiros negros básicos de H&M, zapatillas vermellas de Asos, que xa me vistes mil veces e a miña mochila dourada tamén de Asos.





Como vedes, todo o resto é ben sinxelo... porque quen quere máis cando levas unhas prenda tan especial! Como me gusta tanto Mr. Gugu & Miss Go déixovos unha selección das prendas que venden na actualidade e que máis me gustan... a ver se a vós tamén!





En conclusión, agardo que esta non sexa a miña primeira e última prenda de Mr. Gugu & Miss Go!

Que teñades unha moi boa fin de semana e... vémonos no próximo estilismo!

Biquinhos!

Silvia