Cadros en granate

Mércores e andamos a voltas cos estilismos para irmos ao traballo, porque a fin de contas é ao que dedicamos a maior parte da semana. A peza principal de hoxe é un pantalón de cadros en granate, vale, que se molase moito diría burgundy, mais para min o xersei e mais o pantalón deste estilismo son granates de toda a vida ;P. 

Hai días nos que apetece ir cómodas e simplemente lle damos unha volta á combinación das cores, como fixen hoxe, pensei na cor e a partir de aí engadín elementos. Nada máis merquei este pantalón tiña claro que o ía combinar co xersei que levo e que é de Forever 21 + e xa me queda un pouco grande mais cando o pantalón é axustado sempre me gusta levar algo máis frouxo enriba para combinar volumes, é un costume que teño, todo axustado nunca foi comigo, ou por enriba ou por abaixo, é un dos meus principios para me vestir :) :).



Como xa está comezando a ir frío os xerseis de la que volveron con forza ese outono son as prendas ideais para o día a día; eu adoito levalos cunha camisa por baixo, especialmente os que coma este son un chisco escotados e porque tamén me gusta o efecto que me lembra aos meus anos de uniforme e colexio. 





Os zapatos oxford tamén son ideais para este tempo porque ao ser de charol nunca se mollan e coa plataforma podo pisar poceiras sen me decatar que aínda así non mollo os pés ;P. Un imprescindible do outono é a gabardina, que non é unha prenda que me encante mais hai que recoñecer que é moi útil, combinable e cómoda, así que un ano máis fíxenme con unha, esta é de Zara e o certo é que tamén a había en verde e gustábame moito máis, mais resulta que na outra cor só a fabricaban en tallas inferiores, cousas de Amancio e as súas tallas ás veces ben pouco realistas cos corpos das maiorías das mulleres. Como vedes puxen a miña querida mochila de Fashion Pills... aínda que xa estou á espera doutra que me vai ir moito mellor e que vos ensinarei en breve, e combineino coas unllas na mesma cor que a roupa.





Gabardina de Zara, 49,95 euros
Xersei de Forever 21+, 22 euros
Blusa de H&M, xa saiu aquí
Pantalóns de cadros de Tex Mex, 19 euros
Zapatos oxford, xa saíron aquí e aquí
Mochila de Fashion Pillas, xa saíu aquí e aquí


Gústavos o granate? Desde logo este ano volve con ganas e temos onde escoller en todo tipo de prendas! A min o certo é que me ten enfeitizada, e sobre todo no outono, recoñezo que recorro a el unha e outra vez!

Bicos grandes e grazas por seguirdes do outro lado! ;)

Silvia