Rebaixas de media tempada
Si, a estas alturas e xa estamos de rebaixas, xa hai unhas semanas que Topshop, New Look, Asos ou La Redoute comezaron mais tamén nas tendas físicas como Cortefiel ou Mango podemos atopar esas pezas de outono e inverno das que aínda non tivemos que botar man polo bo tempo que vai mais que cando nos decatemos non sacaremos de enriba. Ao longo de todo o ano cada vez hai máis rebaixas e descontos, de feito eu adoito agardar a mercar esas prendas máis caras e que me encantan a esas épocas. Estes días vin prendas e accesorios con descontos moi interesantes e quería traervos unha selección dos meus escollidos, agora só hai que cruzar os dedos e as dedas para que non estean esgotados ;P.
Mono curto de Asos Reclaimed Vintage, antes 68,17 euros e agora 27,14 euros
Suadoiro de Mr Gugu & Miss Go, antes 85,72 euros e agora 31,43 euros
Vestido de Asos, antes 47,72 euros e agora 22,86 euros
Saia de Asos Curve, antes 121,43 euros e agora 35,72 euros
Suadoiro de Asos Curve, antes 50 euros e agora 24,29 euros
Mono de Pink Clove, antes 50 euros e agora 25,71 euros
Pantalóns de coiro de Asos Curve, antes 135,72 euros e agora 28,57 euros
Colar de Topshop, antes 32 euros e agora 16 euros
Botíns de Topshop, antes 59 euros e agora 32 euros
Cazadora de Topshop, antes 80 euros e agora 40 euros
Zapatos de Mochitti, antes 35 euros e agora 28 euros
Bolso de Kling, antes 39,90 euros e agora 27,93 euros
E até aquí por hoxe... E vós, fichastes algo nestes días e nas rebaixas de media tempada?
Bicos grandes!
Silvia