O vermello sempre volve, e se é co negro aínda mellor...

...e non sei porqué, mais é unha cor que me encanta! Se a isto lle sumo que teño varios complementos a xogo é un xeito moi doado de me vestir para ir ao traballo. Desta volta as fotos son dun día de traballo, de aí a miña cara de sono... eu ao traballo vou cómoda ante todo e tal e como visto o resto do día, por sorte non teño a obriga de ir formal e iso motiva que mesmo teña ido con roupa deportiva, agora estou deixando ese costume, non porque considere que non proceda, que quizais tampouco, senón porque comprendín que a roupa deportiva é para o que é, para facer deporte ;P.

No estilismo de hoxe repito tipo de prenda e mesmo tenda, de novo un peto, aínda que desta volta en negro e longo, e de Primark. Recoñezo que Primark non é para nada unha das miñas tendas favoritas e que atopo poucas e escollidas cousas que me gustan, mais si que é certo que ten tallas maiores que outras tendas, de xeito que é doado atopar roupa da 18 ou 20, na tallaxe inglesa, que equivale aquí a unha 48 ou 50, iso, unido a que realmente ás veces teñen prendas que se van levar e aínda non chegaron ás demais tendas, fan que ás veces atope algún tesouro. O peto encántame, é unha prenda super cómoda e que me lembra á adolescencia, ás veces mesmo penso que como é posible que vistamos como cando tiñamos quince anos... mais é que xa sabedes, os noventa están de volta! Ao peto engadinlle tamén camisa de Primark de corazonciños vermellos... o cinto, as zapatillas e mais a mochila xa os vistes noutro estilismo, e canto á chaqueta é de H&M, como lembrades o coiro está de moda, e esta non é de coiro obviamente senón similar, así que como xa polas mañás vai algo de frío decidín que era hora de estreala! Combinei a manicura tamén desta volta ;P, xa postos coa cor do amor...











 Peto negro vaqueiro de Primark (19 euros)
Camisa de corazóns de Primark (5 euros)
Cinto de Primark (xa saiu aquí)
Mochila de Asos (xa saiu aquí)
Zapatillas de Asos (xa saiu aquí)
Cazadora de H&M (49,99 euros)

Como vedes, con poucos cartos podemos amañar un estilismo super actual e cómodo para irmos a traballar no día a día.

Agardo que vos guste... e os vosos comentarios. Biquinhos a moreas! ;)

Silvia

Publicacións populares